
GRAZAS pola vosa solidariedade

Iniciamos os obradoiros de cociña do curso 2008-09, dirixidos aos pais, nais e nenos do centro.
Primeiro Obradoiro:
“Coñecemento do medio: A Cociña”
DÍA : 11 decembro do 2008
HORA : 5 da tarde
Segundo Obradoiro:
“A Cociña”, acercamento lúdico o Nadal elaborando cos nen@s as nosa propias golosiñas
DÍA : 18 decembro do 2008
HORA : 5 da tarde
Os Obradoiros estaran impartidos por Juan Carlos Ulla, cociñeiro da Escola Infantil.
Para máis información visitade a PÁXINA aberta e descargarvos o arquivo coa información dos contidos dos obradoiros.
Fai poucas datas levouse a cabo a Primeira reunión do equipo educativo do grupo de 0-1 anos. Nela informouse aos pais que puideron asistir de diversos temas.
Pediuse e expresouse a importancia da colaboración dos pais e nais neste Proxecto Educativo. Como comezo expusoxe a actividade do “Cesto dos Tesouros”,como un instrumento para favorecer a aprendizaxe por descubrimento, o coñecemento da realidade, a autoestima e o respecto do ritmo e necesidades de cada neno-a. Ademais favorece o desenvolvemento das capacidades cognitivas, perceptivas, corporais, afectivas e sociais. Os nenos descobren a través dos sentidos as características dos obxectos que manipulan, realizando así novas experiencias. Aos pais e nais pídeselles que traian obxectos de distinto tipo(culleres, pedras, tarros, retais de tea, campás, caixas pequenas, …) para completar este marabilloso cesto…
A dirección e todo o persoal deste centro quere darvos a benvida ao noso Blogue. Nel queremos acercar a actualidade da nosa Escola, dando informacións que vos sexan de interese e compartindo as nosas vivencias. Pouco a pouco iremos incorporando datos e noticias das nosas actividades e do que fan os vosos nenos no Centro Educativo. Esperamos que vos guste e que participedes cos vosos comentarios e suxestións neste novo xeito de comunicación entre educadores e pais e nais.
Saudos.