Cun pouco de auga…xa temos unha festa!

Xogar con auga non é só algo que nenas e nenos aman facer senón tamén unha actividade esencial para o seu desenvolvemento.

Non se precisan xoguetes especiais para xogar con auga: esponxas, funís, cunchas, caixas, vasos de iogur,… son estupendos materiais para que nenas e nenos amplíen as súas habilidades manipuladoras. A coordinación man-ollo ao verter a auga dun lado a outro, a experimentación lóxica cando observan que uns obxectos se mergullan e outros non, as cantidades, o peso, a temperatura,… A auga estimulan a creatividade, a concentración, as habilidades físicas, cognitivas e sociais.

En definitiva, xogar con auga ábrelles un mundo de posibilidades que provoca explorar, aprender cuestións básicas de causa-efecto e a resolver pequenos problemas, todas cuestións de gran importancia para o seu pensamento.

Achegamos unha galería de fotos a modo de testemuño (non saen todos, pero todas as crianzas estaban alí pasándoo francamente ben!)

Fonte:https://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/2016/07/27/auga-e-area/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará