TODOS XUNTOS NA ESCOLA.

Houbo un día en que as familias e as súas crianzas viñeron á escola e estiveron a realizar un montón de xogos, actividades…fixeron un montón de cousas para a escola e para as aulas dos seus nenos. Os papás e mamás falaban uns con outros e así, íanse coñecendo. Eu paseino moi ben , xa que eramos moitos na escola e da gusto ver aos papás e mamás tan implicados na vida da escola.

pabertas1

pabertas2

pabertas3

pabertas4

pabertas5

COMEZAMOS DE NOVO!!!

Ola de novo a tod@s! Logo dun tempo sen aparecer por aqui debido a causas alleas á miña intención…aqui estou de novo para amosarvos tódalas andanzas, experiencias e novidades que acontecen na Casiña d@s nen@s!!

…Pero qué? Xa non vos lembrades de min?… Son o trasno da Escola Infantil do Valadouro . Vou comezar ensinandovos o día en que tódalas familias dos meniños viñeron á escola reunirse co persoal da escola.

 

reunion1

ANIVERSARIO LEYRE

Na escola as crianzas seguen con festas de Aniversario…Xenial!! Agora tocou a festa na Aula dos Cabaliños de Mar. Leyre está de aniversario. Noraboa Leyre xa tes 1 aniño!!Seguro que os teus amigos e tí o celebrastedes como se merece.Parabéns!!!!

ANIVERSARIO2

ANIVERSARIO M.AMINE

Na escola xa empezan os aniversarios…!!!Xenial!!!As crianzas pasano en grande e eu, o Trasno, tamén. Cantamos unha canción de Aniversario, facemoslle entre todos un agasallo e comemos o bizcoito…Humm!!!!que bo que esta!!!

O primeiro aniversario que celebramos este curso na Casiña dos Nenos é o de M.Amine, unha crianza da aula das Abellas!!!

Mirade que ben o pasaron todos!!!!!

ANIVERSARIO1

1ª MOSTRA DE CABAZAS DAS FAMILIAS

As familias da Casiña dos Nenos realizaron este ano polo Samaín unha mostra de cabazas que fixeron na casa cos seus nenos….Estes papás son uns artístas!!!,….fixeron auténticas obras de arte!!.

As familias votaron á cabaza que máis lles gustou, resultando gañadoras tres cabazas…dende a escola deuselles diplomas de participación e medallas aos gañadores.

Grazas familias por participar con nós nesta festa!!!

MOSTRA SAMAIN

MOSTRA SAMAIN2

 

CHEGOU O OUTONO…

As follas cambian de cor, tiñense de amarelo e empezan a caer das árbores,  empeza a facer frio, chove…e as crianzas van coas familias á fraga recoller noces, ourizos, castañas, follas secas e carocas,…que posteriormente levan á escola para facer entre todos o RECUNCHO DO OUTONO, o cal aparte de formar parte da decoración da escola tamén lles serve como recurso educativo xa que cando na aula traballan o Outono botan mán de todo o que temos neste Recuncho … e non vexades como os/as nenos/as gozan manipulando todos os productos típicos do Outono.

IMG_9345

ricon outono

 

CAMIÑO Á ADAPTACIÓN!!!

Ola de novo amigos/as, estou de novo aquí para mostrarvos como as crianzas da Casiña dos Nenos se foron adaptando pouco a pouco ás rutinas da escola. Son todos uns campeóns!!!! Empezaron pouco a pouco , pero cada día ían conseguindo novos avances na súa adaptación á escola.

SON TODOS UNS CAMPEÓNS!!!

PA1

PA2

PA3

PA4

PA5

REUNIÓN XERAL E REUNIÓN DE AULAS.

As familias viñeron ao comezo de curso reunirse con tódalas persoas que viven na Casiña dos Nenos, primeiro reunimonos todos xuntos no corredor da escola e despois as familias xuntaronse nas aulas correspondentes: Os Vermes,  Cabaliños de mar e Abellas. As titoras das aulas explicaronlles ás familias todo o que os seus nenos/as  ían aprender e experimentar ao longo do primeiro cuatrimestre…e a verdade é  que, as titoras das aulas prepararon un montón de actividades, proxectos e obradoiros para facer na escola.

reunions

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

– Comezamos o curso abrindo a escola á contorno, familias, amigos/as, etc…como podedes ver fixeron varias actividades: a Árbore dos Desexos, onde cada familia escribe un desexo para este curso, despois nas aulas coas titoras as familias e as crianzas fixeron un mural identificativo dos meus novos amiguitos: o cabaliño de mar e a abella.

xornada portas abertas1

 

xornada portas abertas2

xornada portas abertas3

OLA DE NOVO, AMIGOS/AS!!!

Ola  amig@s!! Son eu de novo, o Trasno da escola..tedes que perdonarme por abandoarvos tanto tempo, pero é que estiven moi ocupado viaxando. Viaxes moi enriquecedoras xa que, coñecin moitas escolas, os seus blogues, etc…e atopei persoas , coas vivin e compartin experiencias novas .Foi unha vivenza moi boa pero,… xa me tardaba voltar á miña casiña, ” a casiña dos nenos” da Escola Infantil do Valadouro. Volvo coa intención de amosarvos todo o que aprendín nesta viaxe.

Á miña volta tamén me levei unha grata sorpresa .. estaban todalas persoas que deixara na escola…e a parte conto con dous novos amiguitos: o cabaliño de mar e a abella.

A partir de agora vouvos ensinar as actividades que se fixeron e se fan  na escola , que seguro que vos van gustar , das cales espero que  deixedes a vosa opinión.