Caixas de cartón de diferente tamaño ás que se lle fai varios cortes na tapa para encaixar depresores linguais (paus dos médicos).
ACTIVIDADES
Encaixar os paus dentro da caixa.
Clasificar os paus pola súa cor.
Clasificar os paus á hora de recolller pola súa cor.
MATERIAIS EMPREGADOS
Caixas de cartón, paus de cores ( dos médicos), iron fice de cores para forrar as caixas, cutter.
ELABORADA POR
Laura Novoa León
NOME
COCIÑA DE PALÉS
GRUPO DE IDADE
A PARTIR DE 2 ANOS
CARACTERÍSTICAS
Palés unidos en forma de cociña (lixados), con mesado para manexar con espazo suficiente a menaxe de cociña e fregadoiro para a tarefa simbólica de limpiar.
ACTIVIDADES
Xogo simbólilco
MATERIAIS EMPREGADOS
Palés, fregadoiro, todo tipo de menaxe de cociña ( potas, tixolas, culleres e garfos de pau, bandexas,…)
ELABORADA POR
Marcos Leiro Vilariño
María de los Ángeles Valencia Lorenzo
Lidia María Gallas Otero
Victoria Eugenia Romero González
NOME
BOLSAS SENSORIAIS
GRUPO DE IDADE
BEBÉS (0-1)
CARACTERÍSTICAS
Bolsas herméticas con diferentes material que estimula a exploración táctil.
Táboa que se ilumina con luz e convértese nunha excelente fonte de información multisensorial, onde a vía visual cobra especial protagonismo.
A luz transforma materiais comúns en extraordinarios, unha simple raiola de luz modifica o espazo e as cores e polo tanto a nosa forma de percibir as cousas.
ACTIVIDADES
Experimentar cos materiais traslúcidos (acrílicos, silicona, acetatos,…).
Observar e experimentar con materiais naturais (flores, follas,area,…).
Trazar na superficie con area, sal, sémola,…
Pintar (rotuladores, pintura de dedos, témperas,…).
Trasvasar.
Contar historias.
MATERIAIS EMPREGADOS
Formas xeométricas acrílicas.
Todo tipo de material translúcido.
Material de silicona (de cores).
Plumas de cores.
Sombras (para contar historias).
ELABORADO POR
LIDIA MARÍA GALLAS OTERO
NOME
CAIXÓN PARA TRASVASES
GRUPO DE IDADE
MEDIANOS (1-2) E GRANDES (2-3)
CARACTERÍSTICAS
Actividade que consiste no traslado do material presentado dun recipiente a outro.
Verter, encher a culler, trasladar,…estimulan o desenvolvemento da coordinación oculo-manual, o equilibrio e concentración.
ACTIVIDADES
Dependendo da proposta, máis ou menos recipientes ou máis ou menos materiais pode ser de maior ou menor complexidade.
A actividade principal é o trasvase dun recipiente a outro do material presentado. O que supón para as nenas e nenos:
Culleres, vasos pequenos, pinzas, as propias mans,…
ELABORADO POR
MARIA DEL CARMEN FERNÁNDEZ REGAL
NOME
AXÓUXERES
GRUPO DE IDADE
0-1
CARACTERÍSTICAS
Un material que permite as nenas e nenos realizar sons.
As botellas empregadas do tamaño axeitado para que a nena e o neno podan manipulalas sen dificultade.
ACTIVIDADES
Axitar, bater un axóuxere con outro, desprazalos, manipular, observar, facer sons,..
MATERIAIS EMPREGADOS
Botellas pequenas de plástico transparentes.
Todo tipo de material que faga son e poda meterse dentro das botellas (cascabeis, lentellas, landras, arroz, papeis de cores, fabas, area, cunchas, landras,…).
ELABORADO POR
EQUIPO DE TUI
NOME
MANTO DE FOLLAS
GRUPO DE IDADE
2-3
CARACTERÍSTICAS
Espazo de xogo cuberto de follas combinado con caldeiro baleiros.
As follas secas foron recollidas polas nenas e nenos previamente no patio exterior.
ACTIVIDADES
Manipular, pisar, xogar coas follas secas.
Encher e baleirar os caldeiros de follas secas.
Apilar, esparcir, agrupar,… follas secas.
MATERIAIS EMPREGADOS
Follas secas e caldeiros.
ELABORADO POR
Lidia Gallas Otero.
Inés Pájaro Fernández.
NOME
CESTO DOS TESOUROS
GRUPO DE IDADE
0-1
CARACTERÍSTICAS
Un xogo no que a actividade céntrase na exploración de obxectos de uso cotiá ou materiais da natureza, que estimulan e axudan no desenvolvemento dos cinco sentidos, ábreselles todo un novo horizonte cara o descubrimento do mundo que lles rodea.
ACTIVIDADES
Os obxectos van a permitirlles realizar accións como; meter e sacar, estirar, abrir e pechar,xirar ,apertar , baleirar, agrupar e separar , apelar , comparar, colgar e descolgar,..
MATERIAIS EMPREGADOS
Materiais que ofrecen referencias sobre a superficie, o peso, a temperatura, a forma, a cor, o son… Deben despertar ao máximo os sentidos das crianzas:
O tacto: forma, textura, peso e temperatura a través do descubrimento da man.
O olor: variedade de olores que desperten a súa curiosidade.
O oído: percusión, tintíneo, silencio…
A vista: cores, dimensións, formas, luminosidade, brillo…
O gusto: diferentes sabores.
ELABORADO POR
NEREA PARENTE MARIÑO
INSPIRADO EN
Eleanor Goldschmied
NOME
GRUPO DE IDADE
2-3
CARACTERÍSTICAS
PROPOSTA DE AMBIENTE CON GLOBOS DE CORES E CALDEIROS DISTRIBUÍDOS POR TODO O ESPAZO DISPOÑIBLE DA AULA E CON POSIBILIDADE DE ACCESO DAS NENAS E NENOS.
ACTIVIDADES
TODAS AS QUE NENAS E NENOS IMAXINEN E DESENVOLVAN.
MATERIAIS EMPREGADOS
GLOBOS DE CORES
CALDEIROS
ELABORADO POR
INÉS PÁJARO FERNÁNDEZ
NOME
TAPETE DE CREMALLERAS
GRUPO DE IDADE
1-2
CARACTERÍSTICAS
TAPETE DE TEA ENCAIXABLE A MOBLE BAIXO CHEO DE CREMALLERAS.
ACTIVIDADES
PSICOMOTRICIDADE FINA
MATERIAIS EMPREGADOS
TEA
CREMALLERAS
ELABORADO POR
MARIA GONZÁLEZ MISA
INSPIRADO EN
MARÍA MONTESSORI
NOME
CAIXA SENSORIAL
GRUPO DE IDADE
0-1
CARACTERÍSTICAS
CAIXA DE CARTÓN DURA Á QUE SE ENGADE DIFERENTES MATERIAIS DE DIFERENTES TEXTURAS.
ACTIVIDADES
MANIPULACIÓN DOS OBXECTOS DA CAIXA.
EXPERIMENTACIÓN COS OBXECTOS DA CAIXA.
POSIBILIDADE DE PUNTO DE APOIO PARA CANDO A NENA E NENO PERMANECE DE PÉ POR SI MESMO.
MATERIAIS EMPREGADOS
CAIXA DE CARTÓN, TUBOS DE CARTÓN, AROS DE MADEIRA, FIELTRO, ESPONXA, CORDA, ESTROPALLO, TEAS DE DIFERENTES TEXTURAS, CREMALLERA, VELCRO, LAZO, CUNCHA, CASCABEIS, TAPAS E TAPÓNS.