PROXECTO EDUCATIVO
Este proxecto educativo é un recurso da escola que recolle ao longo do documento as súas ideas, intencións, obxectivos, principios metodolóxicos e actuacións na procura dunha identidade propia.
PROPOSTA PEDAGÓXICA
A proposta pedagóxica representa os acordos tomados no conxunto do equipo en relación ás actuacións desenvoltas no día a día na escola. Todas as decisión forman parte desta proposta pedagóxica, desde como colocar as mesas no momento de comedor ata como é a nosa linguaxe non verbal. Son documentos que precisan de revisión e análise constante.
Os documentos foron elaborados no curso escolar 2013-14, procedemos á súa revisión neste curso escolar 2015-16, premendo no enlace podedes descargalos para a súa consulta:
PROCESO DE FAMILIARIZACÓN Á ESCOLA INFANTIL_ PROPOSTA PEDAGÓXICA
ALIMENTACION_PROPOSTA PEDAGOXICA
NATUREZA DOS CONFLITOS_PROPOSTA PEDAGOXICA
PROPOSTA_PEDAGOXICA_AULA BEBES
———————————————————————————————————————
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
A Programación Xeral Anual (PXA) é un instrumento de planificación a corto prazo dos centros educativos que ten como finalidade:
1. Concretar e desenvolver para un ano os documentos de planificación a longo prazo (proxecto educativo, proposta pedagóxica,…).
Polo que esta programación recolle os tempos de planificación para a elaboración destes documentos.
2. Establecer un plan de seguimento e avaliación do Proxecto Educativo do Centro, desde unha perspectiva global ou dalgúns dos seus apartados.
Neste curso esta finalidade non está recollida porque, como escola de nova apertura, trabállase na elaboración destes documentos de carácter máis continuado ( proxecto educativo, proposta pedagóxica,…)
3. Recoller as decisión de carácter anual que afecten á organización do centro.
Quedan recollidas no documento todas as decisión que inflúen na organización da escola para este curso escolar.
4. Garantir a actuación coordinada das estruturas organizativas e propiciar a participación e colaboración de todos os sectores da comunidade educativa.
No consello escolar do 10 de decembro de 2013 fíxoselle entrega desta PXA, á representante do concello e aos representantes das familias para facilitar as achegas destes axentes á programación anual da escola.
Programacións:
PROGRAMACION XERAL ANUAL 2017_2018
PROGRAMACION XERAL ANUAL 2016_2017
PROGRAMACION_XERAL_ANUAL_2015-16
PROGRAMACION_XERAL_ANUAL_2014-15
PROGRAMACION_XERAL_ANUAL_2013-14
Muy interesante PXA !!
Tamoxifen and Your Rights to Social Security Disability Benefits purchase cialis online cheap Zinc also does not improve the response to a drug called hydroxychloroquine
The choice of the dose of sumatriptan, and of the use of a fixed combination such as in sumatriptan and naproxen sodium tablets 85 mg 500 mg should be made on an individual basis, weighing the possible benefit of a higher dose of sumatriptan with the potential for a greater risk of adverse reactions discount cialis The world No 2 had beatenhim in all three of their previous meetings Гў