Arquivo da categoría: ESCENARIOS DE XOGO

99 post e unha despedida

 Ao longo destes primeiros anos, cinco xa facemos do inicio da nosa andaina, temos empregado o blogue como ferramenta para recoller e compartir a nosa idea de escola.

 Un paseo visual pola páxina permite, así o cremos, facerse unha idea da idiosincrasia da escola e dos piares que pouco a pouco fomos desgranando entre estas liñas.

 Podemos atopar artigos onde falamos de experiencias realizadas coas nenas e nenos: collages, obradoiros de cociña, trasvases, saltar nos charcos, pintar, con auga e area,…etc).

Outras entradas fan referencia á ferramenta metodolóxica máis potente e que constitúe un eixo vertebrador do noso proxecto educativo: o xogo. Así, temos falado do xogo heurístico, simbólico, do cesto dos tesouros, da scatola azzurra ou mesa de experimentación, da illa da calma e dos xogos presimbólicos ( xogar a caer, xogar a correr e ser atrapado, xogar a aparecer e desaparecer,…).

Os momentos cotiáns e coidados básicos teñen ocupado bastantes liñas deste blogue. Xunto ao xogo temos defendido a súa importancia nesta etapa: o momento da alimentación, o momento de hixiene e do descanso, e outras actividades da vida cotiá como limpar, recoller, por a lavadora,…favorece a progresiva adquisición da autonomía e o sentimento imprescindible de sentirse ben (fundamental para a consolidación das aprendizaxes).

Temos falado tamén da utlización dos espazos: dos espazos abertos, dos espazos no exterior, doutros espazos que non son as aulas, incluso das relacións que se dan nestes espazos cando favoreces as relacións intergrupais.

Cada proxecto iniciado foi compartido nestas liñas, coa idea de contaxiarvos da emoción que supuxo para nós contar cunha biblioteca, unha horta, cos gusanos de seda e coas tartarugas, co xardín sonoro, clasificar o lixo, ir de visita ao mercado, á radio, á biblioteca e á residencia de maiores.

Das inquedanzas da crianza tamén temos falado; do seu desenvolvemento motor, da etapa dos mordiscos, de deixar o pañal, das rabichas,…

E como non, da importancia da relación familia-escola. Teñen sido varias as propostas para estreitar vínculos, non só festas, que tamén! Xuntanzas de inicio de curso, charlas con especialistas, obradoiros, visitas culturais, e a documentación, incluído este blogue, para mantelas informadas, coñecedoras do noso quefacer e abertas á súa participación. Temos explicado nestas liñas o uso da axenda escolar, o por qué dos diarios individuais e máis recentemente da importancia de recoller a proposta pedagóxica de cada grupo de idade.

Resumindo, pensamos que ten sido un bo traballo para o equipo de reflexión e de recollida de documentación, e tamén unha ventá sempre aberta para todo aquel que tivera interese en saber máis sobre as nosas decisións.

Cinco anos e 99 post, van deixando paso a unha despedida. Ésta, a nosa sociedade da información, non permite ferramentas pouco dinamizadas, pouco activas e sen posibilidades de “me gustas”. O blogue forma parte dun portal en desuso e polo tanto, a sensación, hai tempo que vai sendo dun traballo que se garda nun caixón.

Como non nos gusta o pesimismo, vai ser un ata logo, quen sabe, aínda que o máis probable é que utilicemos outras canles más dinámicas para difunfir o noso traballo, pode que nalgún momento sintamos a tentación de retomalo…

Documentar

Documentar é algo máis que recoller información o imaxes, significa facelo para algo, cun guión e deseño previo. Por iso, non se trata só de plasmar o acontecido, senón de construír un produto público que dea conta narrada do sentido, do vivido.

pegar (3)

 

Premendo nos seguintes enlaces podedes consultar as experiencias vividas nos diferentes grupos de idade, que nos permiten despois de cinco anos de recorrido, narrar o vivido. Faacémolo público, porque compartir tece os fíos necesarios para construír unha rede que sosteña; as dificultades que son moitas e as fortalezas que tamén son moitas, e deben ser moitas máis!

 

Pelotas

Que pequeno non se deixa seducir por ese obxecto redondo chamado pelota? Será pola súa textura? Polo seu tamaño? Por que roda cando tentan agarrala? Por que vai lonxe cando a chutan? Por que bota cando a lanzan?

O xogo con pelotas impulsa aos bebés a arrastrarse ou gatear e  cando son máis grandes corren tras delas para poder alcanzalas, traballando o equilibrio e a coordinación.

É tamén unha excelente oportunidade para que nenas e nenos desenvolvan as súas habilidades sociais.

Xogar con pelotas de distintos tamaños favorece a motricidade fina. Si é unha pelota grande buscamos collela con ambas mans. Ademais podemos ofrecer pelotas con texturas para traballar a parte sensorial.

Toso isto facemos coas pelotas:

Atrapalas entre as mans!

DSCN0871

Atopalas entre as teas!

DSCN0869

 

“Correr” detrás delas ( gateando en todas as súas modalidades tamén vale)

DSCN0872

Lanzalas ao aire, a unha compañeira ou adultos.

DSCN7338

Tirala e recollela, só ou entre varios.DSC00730

Sentarse encima dela.

DSCN7352

Tumbarse encima dela.DSCN7335

Encestala.

IMG_2549

Colocala en diferentes parte do corpo.

DSCN7330

Facer acopio delas (cantas son capaz de transportar!)

 

DSCN7388

O espazo da aula

En entradas anteriores temos falado dos espazos de libre circulación, nesta ocasión gustaríanos abrir a porta da aula para que vexades como está estruturado o seu espacio.

Os recantos ou ambientes teñen longa tradición na escola, Pestalozzi por exemplo, que propoñía a utilización de materiais concretos que permitiran a experiencia sensorial; Dewey propuxo talleres que axudaran a comprender o mundo a través da realización de actividades prácticas (cociña, xardinería, dramatización,…); Montessori falaba dos ambientes preparados onde ofrecía aos nenos unha seria de materiais estruturados para que empregaran autónomamente; Freinet introduciu a organización por recantos onde o material de xogo-traballo estivera ao alcance do alumnado cunhas consignas marcadas polos propios nenos; ou Malaguzzi que considerou que o adulto debe ter en conta as motivación e intereses das pequenas e pequenos organizando a aula en zonas onde puideran reunirse varios alumnos e xerar unha atmósfeta rica e ricos procesos de crecemento personal.

E éste é o punto de partido, xerar un clima na aula que favoreza a participación, a relación entre iguais, a creatividade, a concentración, a procura de intereses, a autonomía,…

IMG_4353

Desde a perspectiva do adulto é un traballo longo con baches no camiño, nun grupo de vinte nenos entre dous e tres anos cunha impulsividade motriz en plena ebullición, é complexo conxugar todas as individualidades en dúas, tres ou catro propostas (os metros cadrados da aula non dan para máis). Neste último trimestre, onde todos nos coñecemos máis, os educadores ao seu alumnado, os nenos aos seus adultos de referencia, e os nenos e nenas entre elas, podemos dicir que a autonomía no xogo, a capacidade de toma de decisión, o respeto polo xogo- traballo do outro e polos materiais, o pracer por relacionarme co outro… se van interiorizando e repectando cada vez máis é mellor.

IMG_3646

Agora sentimos que merece a pena o esforzo de pensar  un espazo dentro da aula que favoreza o xogo, as relacións e o gusto por sentirse ben cun mesmo e cos demáis.

Fonte: https://creerescrearconalma.wordpress.com/2016/11/15/el-aprendizaje-situado/

A illa da calma

 

É unha actividade para nenas e nenos de un a tres anos que ten por obxecto estimular a linguaxe, a experimentación e a concentración. Hai pouco que descubrimos que procede de Elinor Goldschmied, autora do Cesto dos Tesouros e o Xogo Heurístico, para nós é máis coñecida a proposta como caixa dos tesouros, e as tres propostas teñen en común o uso de obxectos cotiás.

Consiste nunha caixa que contén diferentes obxectos e que se lle ofrece as crianzas en momentos nos que queremos conseguir que haxa calma e tranquilidade. Mentres as crianzas observan, manipulan e descobren os materiais, a educadora  esta sempre ao seu carón e favorece continuamente o diálogo. Favorece ademáis, a aprendizaxe da convivencia, iniciarse no hábito da orde, o respecto polas cousas de todos e a colaboración co adulto.

IMG-20180403-WA0017

A educadora está sentada no chan ou nun lugar baixo e o seu rol é crear expectación e sorpresa. Presenta os materiais comentando ás crianzas o que vai atopando e establecendo un diálogo cos nenos e nenas a partir das características do material.

As caixas sorpresa teñen tanto éxito que no grupo de maiores ampliamos a actividade para que eles mesmos teñan a súa propia caixa con tesouros. En certos momentos da xornada é un recurso estupendo para recuperar a calma perdida ou desexada para dar paso a outra actividade que necesariamente require dela ( coincide habitualmente co momento de comer).

DSCN1163

Módulos Pickler

MOBILIARIO PICKLER

MATERIAL

CARACTERÍSTICAS

 IMG_0594

A motricidade libre e a  posibilidade de despregar as suas iniciativas propicia no neno recurrir a todo o repertorio de movimentos que ten a sua disposición, de acordo ao seu nivel de desenvolvemento escolle o que mellor se adapta a súa acción.

O triángulo de Pickler é un elemento motriz que permite moitas accións ás nenas e nenos. Subir, baixar, trepar, saltar, xirar …

DADO

DSCN1676

O descubrimento por parte dos bebés de que poden desprazarse, cara os sete u oito meses, representa un gran cambio na súa vida: ademais do cambio postural que xa tiñan conseguido, poden ir a descubrir o espazo o un obxecto que lles chame a atención. O cecrecemento psicomotriz toma impulso e os bebés mostran unha gran satisfacción ao comprobar as súas capacidades.

 IMG_6287

A motricidade libre e a a posibilidade de despregar as suas iniciativas propicia na nena  a posibilidade de recurrir a todo o repertorio de movementos que ten a sua disposición, de acordo ao seu nivel de desenvolvemento escolle o que mellor se adapta a sua acción.

O arco Pickler é un elemento motriz que permite moitas accións ás nenas e nenos. Subir, baixar, trepar, saltar, xirar …

Tipos de xogos presimbólicos

O presimbólico, é un tipo de xogo previo á adquisición da función simbólica, e polo tanto á aparición do xogo simbólico como tal. Nenas e nenos se expresan a través das accións co propio corpo.

O recorrido expresado no xogo presimbólico é a vinvencia da unión e da separación que, elaborada axeitadamente, permite conquistar a identidade e desenvolver a creación das propias ideas e proxectos.

Seguindo a proposta de Acouturier (citado en Abad e Ruíz de Verdasco, 2011, p.53), os xogos simbólicos de aseguración profunda que podemos observar a diario nas nosas aulas son os seguintes:

Xogar a destruír.

Os nenos xogan a destruír desde moi pequenos as torres que os adultos contrúen para eles. Destruír non significa romper, senón transformar e reogranizar a orden que se lles ofrece no inicio da acción, para configurar un proxecto de xogo propio. Despois de agotar o impulso de destruír, aparece o desexo de construír.

IMG_20170511_102242

Xogar co pracer sensoriomotor.

Os xogos sensoriomotores son presimbólicos porque son xogos no que se teñen vivencias de separación, de afirmación da identidade, de perda momentánea de seguridade, etc. Cando o neno xoga a caerse está xogando a perder o equilibrio e a posición vertical porque está seguro de tela conquistado e de poder recuperala e erguerse só sen a axuda do adulto.

DSCN3623

Xogar a envolverse.

As sesións de xogo soen comezar cun intenso movemento (correr en círculos, gabear polas colchonetas, tirarse ao chan,…), máis tarde aparecen os xogos de envolturas: taparse cunha coclchoneta, envolverse nunha tela ou adoptar posición fetais de descanso. Son manifestacións de desexo, de protección, de procura de benestar ou de revivir situacións de coidado.

P1120466-2-297x300

Xogar a esconderse.

De todos os xogos presimbólico, quizais sexa o que máis claramente demostra a necesidade de sentir a vivencia da presencia e da ausencia, de estar e non estar. O seu orixe está no “cucu-trás” e co tempo transfórmase en múltiples modalidades.

O sentido de esconderse é experimentar a sensación de ser importante para alguén, proba disto é a emoción que o neno vive mestras está escondido e escoita a voz do adulto que lle chama (aínda que saiba onde está) e a alegría das partes implicadas no reencontro.

DSCN3835

Xogar a ser perseguido.

Ao escapar e correr o neno emprega a carreira como conquista do espazo, ten a posibilidade de ser dono do seu corpo o que lle provoca unha importante sensación de independencia.

O medo a ser perseguido transfórmase no pracer de xogo e diversión ao sentirse perseguido, pero a diferenciaa entras as dúas emocións é tan sutil que as veces o xogo remata en llanto.

PATIO (70)

Xogar a encher e baleirar, reunir e separar.

Son xogos que favorecen a contrución da estrutura cognitiva a través da curiosidade e da investigación do entorno, cando observamos aos nenos mentres realizan estas accións (encher, baleirar, dispersas, agrupar, separar, apilar,,,,) observamos a intencionalidade de desenvolver un proxecto, no que empregan grandes doses de atención e concentración.

P1130211

Fonte: Aucouturier, B., Mendel, G., (2004). Porque los niños y las niñas se mueven tanto?.Ed. Graó.

Ruíz de Velasco, A., Abad, J., (2011). El juego simbólico, Ed.Graó.

Aparecer e desaparecer

É máis intenso o pracer de ser buscado ou o de ser atopado? Poderíase dicir que hai máis pracer na espera para realizar unha acción que na realización mesma?

O xogo de aparecer e desaparecer é moi precoz, entre o cuarto e sexto mes, as nais comezan a xogar coa súa presencia e ausencia: amosando o seu rostro e tapándoo coas mans ou manta dos bebés exclamando <cucú-trás> o que ven sendo <estou-non estou>.

A versión máis temperá do cucú é simplemente aparecer, na que o coidador anuncia que se está achegando coa voz antes de acercar a cara ao bebé. A medida que o bebé crece empeza a disfrutar da desaparación e reaparIción dos adultos, pero máis adiante o xogo permite que sexa o propio neno quen se esconda e reapareza.

O xogo ten un gran valor porque permite un equilibrio perfecto entre o que un bebé sabe do mundo, do que é capaz de controlar e o que aínda lle sorprende.

 

 

 

 

O pracer de xogar a caer

A partir dos dezaoito meses  nenas e nenos comezan a xogar a tirarse de golpe sobre as colchonetas, estando de pé ou parados ou despois de tomar carrerilla, e repiten unha e outra vez a caída, con moito pracer, e máis aínda se este xogo ten lugar ante un adulto que lles da seguridade e lles recoñece as súas capacidades.

É a partir desta idade que os pequenos son capaces de caer voluntariamente, pasando rapidamente da posición vertical á horizontal. Caer é unha nova competencia para abandonarse á acción do peso, en contrapartida aos esforzos, fomentados sempre polos adultos, para conquistar a posición erecta.

Ao caer con pracer o neno amosa aos adultos de referencia a súa seguridade en sí mesmo, volvendo ao chan e levantándose el so, para liberarse do chan , sen a súa axuda.  O pracer da caída permite a afirmación de sí frente aos pais,  é a proba dunha separación ben asumida.

Na escola danse moitísimas situacións de caída volutaria, sobre todo nas sesións de psicomotricidade. Velaiquí un exemplo moi claro:

 

Fonte: Aucouturier, B. Los fantasmas de acción y la práctica psicomotriz, 2004, Ed. Graó.

O xogo e as relacións intergrupais

Neste último trimestre as propostas de actividades aumentan, o alumnado é máis autónomo e a súa curiosidade e interese por coñecer o que acontece ao seu redor é maior. É tempo de dar de comer ás tartarugas porque deixaron de invernar, de criar aos vermes de seda, de coidar da horta, de continuar reciclando e de promover situaciones de xogo intergrupais  nas que nenas e nenos de diferentes idades xoguen xuntos.

A interacción das nenas e nenos cando as idades son diferentes enriquece porque:

  • Producense maiores oportunidade de avanzar ao seu ritmo, segundo a súa personalidade e necesidades.

  • Están máis estimulados a aprender cando teñen a referencia das nenas e dos nenos maiores.

  • A riqueza de experiencias aumenta ( os maiores alentan as experiencias dos máis pequenos).

  • O xogo é máis rico e variado.

  • Os maiores convírtense en modelos de aprendizaxe para os máis cativos.

  • Os maiores adquiren compromisos e complicidade co coidado dos máis pequenos.

Na escola valoramos a riqueza da interacción entre o noso alumnado. Cremos que os agrupamentos mixtos son posibles e beneficiosos, un claro exemplo é a proposta de portas abertas onde o alumando pode xogar libremente en calquer espazo da escola (as propostas de xogo desenvólvense nas dúas aulas de medianos, nas dúas aulas de maiores, en usos múltiples e no corredoiro).

Neste pequeno vídeo podedes comprobar a riqueza das relacións que se establecen entre maiores e pequenos: