Arquivos do autor: escoladetui

VIVIR EN GRUPO

Di a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura ) que “as primeiras experiencias do neno constitúen a base de toda aprendizaxe posterior”.

Con esta idea vimos traballando desde o inicio. As primeiras experiencias pois, non son as que se ofrecen no segundo ciclo de educación infantil ou primaria (como ben sabedes agora mesmo están escolarizados no primeiro ciclo de educación infantil), as primeiras experiencias  prodúcense nada máis nacer, nas primeiras horas, día e anos.

Sabemos que a decisión que motiva a incorporación á escola en idades tan temperás na ampla maioría é por unha cuestión de conciliación, por resolver onde deixar ós pequenos mentres imos traballar (calquer tipo de traballo, o do fogar tamén conta). Pero para nós, os profesioanais da etapa, sabemos que é unha boa opción porque:

  • O sistema escolar conta que aos tres anos, cando se inicia a escolarización no segundo ciclo de educación infantil,  xa adquiriron suficiente competencia falada para basear o groso da acción do docente na comunicación verbal.
  • Dáse por feito que teñen adquirido un grao de autonomía persoal non so para resolver as súas necesidades persoais en relación á hixiene, alimentación,…senón para xestionar procesos máis complexos de exploración e descubrimento do entorno.
  • Tamén se conta con que teñan adquirida suficiente capacidade de regulación persoal para participar sen moitos conflitos en dinámicas colectivas: situacións de quendas, compartir xogos, contos,…
  • Supón unha gran dificultade se aos tres anos non se ten adquirido o xogo simbólico e o uso social dos código comunicativos. Por qué? Porque a aprendizaxe baséase nos procesos simbólicos (a propia linguaxe é un código simbólico!).
  • Contan que aos tres anos se teñan adquiridas competencias percetivas que lles permitan ser competentes na discriminación de sons, imaxes,..
  • E por último,  consideranse necesarios algúns requisitos cognitivos: capacidade de atención, identificación de obxectos, capacidade de sostemento das intencións (non cambiar constantemente de materiais ou actividade),…

E aínda que non o tiverades en conta, todo isto é o que levan de bagaxe as vosas fillas e fillos, poderíamos facer unha lista moito máis extensa do que supón pasar por unha boa escola infantil. E dicimos boa, porque así o cremos, non serve calquera escola para que todos estos procesos base de futuros aprendizaxes se dean. Pero o que nos parece máis importante é formar parte dun grupo: construír a súa identidade, aprender do respeto a un mesmo e aos demáis, a empatía, solidaridade, compromiso, o manexo das fustración, facer amigos, compartir, enfadarse, perdoarse e quererse, SER!

Deixamos unha montaxe de fotos a modo de resumo destas experiencias da vida en grupo:

Referencia bibliográfica: ¿Por qué escolarizar a los dos años? Viçent Arnaiz

 

Aparecer e desaparecer

É máis intenso o pracer de ser buscado ou o de ser atopado? Poderíase dicir que hai máis pracer na espera para realizar unha acción que na realización mesma?

O xogo de aparecer e desaparecer é moi precoz, entre o cuarto e sexto mes, as nais comezan a xogar coa súa presencia e ausencia: amosando o seu rostro e tapándoo coas mans ou manta dos bebés exclamando <cucú-trás> o que ven sendo <estou-non estou>.

A versión máis temperá do cucú é simplemente aparecer, na que o coidador anuncia que se está achegando coa voz antes de acercar a cara ao bebé. A medida que o bebé crece empeza a disfrutar da desaparación e reaparIción dos adultos, pero máis adiante o xogo permite que sexa o propio neno quen se esconda e reapareza.

O xogo ten un gran valor porque permite un equilibrio perfecto entre o que un bebé sabe do mundo, do que é capaz de controlar e o que aínda lle sorprende.

 

 

 

 

O pracer de xogar a caer

A partir dos dezaoito meses  nenas e nenos comezan a xogar a tirarse de golpe sobre as colchonetas, estando de pé ou parados ou despois de tomar carrerilla, e repiten unha e outra vez a caída, con moito pracer, e máis aínda se este xogo ten lugar ante un adulto que lles da seguridade e lles recoñece as súas capacidades.

É a partir desta idade que os pequenos son capaces de caer voluntariamente, pasando rapidamente da posición vertical á horizontal. Caer é unha nova competencia para abandonarse á acción do peso, en contrapartida aos esforzos, fomentados sempre polos adultos, para conquistar a posición erecta.

Ao caer con pracer o neno amosa aos adultos de referencia a súa seguridade en sí mesmo, volvendo ao chan e levantándose el so, para liberarse do chan , sen a súa axuda.  O pracer da caída permite a afirmación de sí frente aos pais,  é a proba dunha separación ben asumida.

Na escola danse moitísimas situacións de caída volutaria, sobre todo nas sesións de psicomotricidade. Velaiquí un exemplo moi claro:

 

Fonte: Aucouturier, B. Los fantasmas de acción y la práctica psicomotriz, 2004, Ed. Graó.

O xogo e as relacións intergrupais

Neste último trimestre as propostas de actividades aumentan, o alumnado é máis autónomo e a súa curiosidade e interese por coñecer o que acontece ao seu redor é maior. É tempo de dar de comer ás tartarugas porque deixaron de invernar, de criar aos vermes de seda, de coidar da horta, de continuar reciclando e de promover situaciones de xogo intergrupais  nas que nenas e nenos de diferentes idades xoguen xuntos.

A interacción das nenas e nenos cando as idades son diferentes enriquece porque:

  • Producense maiores oportunidade de avanzar ao seu ritmo, segundo a súa personalidade e necesidades.

  • Están máis estimulados a aprender cando teñen a referencia das nenas e dos nenos maiores.

  • A riqueza de experiencias aumenta ( os maiores alentan as experiencias dos máis pequenos).

  • O xogo é máis rico e variado.

  • Os maiores convírtense en modelos de aprendizaxe para os máis cativos.

  • Os maiores adquiren compromisos e complicidade co coidado dos máis pequenos.

Na escola valoramos a riqueza da interacción entre o noso alumnado. Cremos que os agrupamentos mixtos son posibles e beneficiosos, un claro exemplo é a proposta de portas abertas onde o alumando pode xogar libremente en calquer espazo da escola (as propostas de xogo desenvólvense nas dúas aulas de medianos, nas dúas aulas de maiores, en usos múltiples e no corredoiro).

Neste pequeno vídeo podedes comprobar a riqueza das relacións que se establecen entre maiores e pequenos:

Os tres porquiños ou xogar ao: que te pillo!

Todos os anos por estas datas representamos  a obra de teatro ” Os tres porquiños e o lobo feroz” para pequenas e pequenos.

Repetímola porque é unha historia que é moi ben acollida, non se cansan de escoitala e escenificala.

Nestes días lendo a  Bernand Aucouturier  en “Los fantasmas de acción y la práctica psicomotriz  atopamos unha explicación a ese interese natural das nenas e nenos por este conto. Textualmente di: “La narración del cuento de los Los tres cerditos a los niños es muy interesante porque se trata de un cuento universal que evoca la angustia de pérdida* {…}. En los tres cerditos, el lobo no se come a ninguno: ni al mayor, ni al mediano, ni al pequeño. Los dos pequeños tienen mucho miedo, pero resisten al lobo y se salvan corriendo a casa del mayor que ha construido una casa sólida, de piedra. De hecho, los tres cerditos no son más que uno solo y juntos simbolizan  <las etapas de construcción de Yo, la etapas de construcción del edificio psíquico>”.

E continúa dicindo:

” ¿ Por qué al niño le gustan las situaciones <de miedo> en el juego? En su vida cotidiana un niño tiene miedo muchas veces, sin buscarlo, y esta emoción excesiva puede desestabilizar la función de adaptación, por lo que tiende a evitarla, pero en un clima de confianza se siente capaz de jugar con el miedo, para comprobar que no le destruye, incluso puede llegar a representar <situaciones de terror. Jugar con el miedo satisface al niño por que da la impresión de haber realizado una hazaña, aunque sea con la imaginación; dominar el miedo…>

Tedes neste enlace o vídeo á representación da obra de teatro. Logo xogaron ao lobo,  que lles axuda a afrontar os seus medos. Xoguemos ao clásico e popular: que te pillo!:

 

* “É durante o primeiro ano de vida cando se producen os trastornos psicomotores, porque o neno non pode integrar o biolóxico co psíquico. Por iso, o neno soamente pode manifestar estas dificultades pola vía corporal, porque o psiquismo está aínda limitado a súa formación. Deste xeito, é o corpo o que vai contar os medos, e o que expresa o corpo é o que nos interesa”.

Fonte: Aucouturier, B. Los fantasmas de acción y la práctica psicomotriz, 2004, Ed. Graó.

 

A axenda escolar

 

A axenda escola é unha ferramenta de comunicación e como tal o seu principal obxectivo é que familia e escola podan informarse mutuamente dos aspectos básicos dos nenos.

É por iso que a axenda non debe considerarse unha ferramenta exclusiva do profesorado, unha das súas finalidades é actuar como nexo de unión entre os tres protagonistas educativos: alumando, familias e docentes.

Por unha banda, a axenda é un instrumento para que as familias podan estar ao día dos coidados básicos, ou incidencias no tempo que os seus fillos permanecen na escola, e por outra, serve tamén para informar ao profesorado de cuestións relativas ás necesidades das súas fillas ou fillos.

A axenda non é a única ferramenta dispoñible para que as familias se manteñan informadas: para cuestións relacionadas coa organización do centro empregamos circulares e recentemente a aplicación Tokapp School, sobre a proposta pedagóxica da escola o blogue e a páxina de facebook, en relación coas actividades da aula os taboleiros de aula e por último informacións máis personalizadas trasladadas directamente polo educador.

Sabemos que a preferida entre todas elas é a axenda, e que en moitas ocasións a información que conten non é suficiente, que se agradecería máis detallada. Pero é difícil equilibrar os tempos de atención ao grupo de nenas e nenos cun traballo que require de certa concetración como é a redacción da axenda, sen perder a dinámica da aula. Con esta cuestión tamén nos enfrentamos coa entrada escalonada de nenas e nenos na aula xa que é moi difícil manter a atención a un conto, construcción ou proposta de xogo calquera e recibir de a pouco ao resto de compañeiros. Bregar coas dificultades sempre enriquece, polo que seguiremos traballando para sacar o maior rendimento posible ás axendas escolares, sobre todo porque observamos a medida que se van facendo maiores a cantidade de accións significativas que desenvolven con elas, e que teñen que ver coa construción da súa identidade:

  • Cando as personalizan as suas familias, o que facilita a súa identificación.

  • Cando as traen ao chegar e as colocan no seu casillero ou na gabeta da súa aula.

  • Cando as van buscar ao seu casilleiro para que o educador poda escribir nelas.

  • Cando observan ao adulto escribir nelas e preguntan pola información que nelas está escrita. Incluso preguntan que pon! Tamén nos pasa no comedor cando anotamos na comanda como están comendo.

  • Cando van por elas á hora de marchar.

  • Cando ao marchar do centro observan que os seus pais len a axenda, sentan no chan a ler tamén. Ás veces len eles a axenda! Será ésta unha das primeiras manifestacións de aproximación á lectura e á escritura?

Clarísimamente parécenos unha estupenda ferramenta de comunicación coas familias, pola que seguimos apostando, e facendo esforzos para mellorar o seu uso, aínda que outras canles de comunicación facilitannos moito o traballo de información e complementan, ao noso parecer, o uso máis personalizado da axenda escolar.

collage-2017-04-09

 

Entre os coidados básicos: beber


A Axencia Europea de Seguridade Alimentaria respaldou no 2011 a relación positiva entre inxesta de auga e o mantemento das funcións físicas e cognitivas e a termorregulación.

Estes son os consellos que nos dan os expertos para manter unha boa hidratación:

.- Beber 8 vasos de auga, un en cada comida e os demais repartidos ao longo do día. Na nosa escola as nenas e nenos beben, sen agardar a que teñan sede ou o pidan: a media mañá coa froita, na comida, ao espertar da sesta e na merenda; é dicir un neno que pasa oito horas no centro bebe a metade de vasos de auga necesarios según as recomendacións especializadas.

.- Beber auga antes, durante e despois de realizar calquer deporte. As nosas nenas e nenos non fan deporte de élite, pero sí exercicio de alto nivel (non paran!). E sí, beben auga, antes, durante e despois: antes de saír ao patio na parva, durante a actividade no patio sempre teñen auga á vista para a súa demanda, e despois no comedor os que quedan a comer e os que non na aula para recuperar enerxías.

.- É recomendable beber auga antes de saír de casa, sobre todo nas horas de maior calor. Xa sabedes familias! Un hábito ben doado de adquirir!

.- Levar unha botella de auga ao saír á rúa, así poderemos hidratarnos en calquer momento e lugar. Con nenos imprescindible! Nunca se sabe cando van pedir de beber!

A auga libera partes do cerebro que están “ocupadas” en producir a sede, por iso, beber auga mellora o rendemento cognitivo, segundo recentes investigacións, porque a auga permite que o sangue chegue ao cerebro con maior oxíseno e facilita o traballo das neuronas.

IMG-20170329-WA0020

Deixar o cueiro

O proxecto educativo da escola recolle entre outros  obxectivos:

  • Compartir, divulgar e reflexionar coas familias os coñecementos que vaiamos adquirindo a través da observación das súas fillas e fillos.
  • Promover a escola como axente cultural sobre a infancia e dinamizar actuacións cos diferentes axentes do contorno próximo.

É por iso que, ao longo do curso, ofrecemos charlas con diferentes profesionais da infancia para compartir visións, formas de facer e estratexias sobre diferentes temas relacionados coa crianza de pequenas e pequenos.

Nesta ocasión tocoulle o turno ao control de esfínteres; no grupo de medianos moitos xa teñen os dous anos e no grupo de maiores, a incorporación ao segundo ciclo pulula polas cabezas dos seus pais!

Neste enlace poderedes consultar toda a presentación:

https://www.facebook.com/pg/relatosdunhaescola/photos/tab=album&album_id=131449676843606

Bárbara Abascal, mestra na aula de Areas do CRA de Tui, fixo unha moi boa defensa da necesidade de respectar os tempos, os ritmos, e a comunicación coas nenas e nenos. Quedámonos cun dos seus exemplos, que nos parece moi significativo:

“Se eu vos pido voar, “veña que ti podes”,  “veña que xa sodes grandes”, “veña que logo che dou un premio”,…, por moito que queirades satisfacer o meu desexo, non poderedes; isto mesmo lles pasa ás nenas e nenos: non cumpren os nosos desexos, simplemente porque non poden”.

Sabemos que deixar o cueiro é un acontecemento importante para todas as nenas e nenos a unha determinada idade; canto máis preparados estean, máis natural será o proceso e a normalidade será a característica máis importante na crianza de fillas e fillos.

Cimentar o edificio matemático: clasificando

A clasificación é unha noción matemática básica, e a cor é a característica dos obxectos máis doada de identificar. Aínda que nas propostas cotiás que se dan na escola as pequenas e pequenos son quen de clasificar segundo outros criterios.

Velaquí algunhas das actividades que supoñen exercitar a clasificación:

IMG_8251

Recoller no comedor. Cada nena e neno recolle o seu plato, cuberto e vaso e teñen que botalo en gabetas diferentes.

 

SAM_4010

Recoller o material supón unha boa actividade de clasificación, para ordenar é necesario establecer un criterio: da mesma cor, tamaño, familia, material…

IMG_7603

Xogo heurístico. A clasificación do material para almacenalo nas súas bolsas forma parte do xogo heurístico. Nenas e nenos teñen que identificar o tipo de material  para a súa clasificación.

IMG_0232

Neste xogo, ademáis de disfrutar introducindo os tapóns polos tubos e agardar a recollelos das súas respectivas caixas, ofrece a posibilidade de clasificar por cores, e de feito algunhas nenas e nenos antes de botar o tapón polo tubo buscan a súa correspondencia.

IMG_20150720_161003033

Este outro xogo tamén permite a clasificación por cores, a idea é que garden cada tapón na caixa da súa cor.

DSCF2247

Neste tipo de xogos de construción é  a forma o criterio principal para a súa clasificación. Outra proposta que sempre lles gusta son os puzles:

IMG_0151

E como xa comentamos nunha entreda anterior reciclar é unha actividade de clasificación que desenvolven diariamente na escola.

Quedaríanos falar da mesa de luz, pero adicarémoslle unha entrada exclusiva, ben o merece!

SAM_3086

Todas estas actividades favorecen que se vaia cimentando o edificio matemático. Nesta ocasión falamos da clasificación, pero na vida cotiá e no xogo son moitísimas as oportunidades para asimilar conceptos básicos para cando se produce o salto a funciones máIs complexas do pensamento.

Reduce, reutiliza, recicla

AbandeIrados do material de refugallo do que facemos uso para as propostas de xogo, a escola fomenta desde sempre unha actitude respectuosa co medio ambiente.

Reusamos case todo o material que cae nas nosas mans: os tubos de cartón do papel hixiénico, as latas baleiras dos leites en po dos nenos, as botellas de plástico,… teñen unha vida más longa porque son empregados para outras cousas despois do seu uso orixinal (pezas de construción, material de xogo heurístico, axóuxeres,…).

Reducimos cando evitamos o consumo excesivo de materiais. Temos un exemplo claro, que ademais foi suxerencia dunha nai da escola. En cada cambio onde os nenos precisaban ser mudados usabamos unhas bolsas do supermercado, e son moitas as veces que realizamos esta acción e polo tanto, moitas as bolsas. A idea desta nai pareceunos fantástica: que cada familia trouxera das súas casas xa que sempre se acumula unha boa cantidade delas, e a maiores, reutilizala. O consumo de bolsas de plástico viuse moi, moi reducido.

Reciclamos, pois ata o de agora non se nos ocorreu facelo cos nosos nenos, non por non considerar a actividade de suma importancia para que pequenas e pequenos medren nun entorno respectuoso co medio ambiente; quizais a idade das crianzas, e intentar evitar o exceso de propostas que nos desvíen das actividades principais, que son a vida cotiá e o xogo, non estaba dentro das nosas prioridades.

Foi o respondable de Voz Natura, que nos viu visitar xa que o noso proxecto da horta forma parte deste programa, quen nos animou a reciclar con eles.

E puxémonos mans á obra: compramos varios caldeiros azuis e amarelos; explícamoslles aos nenos onde se bota o cartón e onde, o plástico; decidimos os puntos de reciclaxe; as familias asinaron autorización para que os maiores foran aos contedores do IES San Paio, que está ao carón da escola, e nada máis doado: pronto souberon diferenciar entre o plástico e o papel.

Temos que felicitar ás familias posto que unha altísima porcentaxe xa sabía como facelo, e dicían: como na miña casa, miña nai, con papá!

Así que satisfeitos de que a escola colabore unha vez máis coa familia na educación de nenas e nenos sensibles e respectuosos co medio ambiente.