Que pequeno non se deixa seducir por ese obxecto redondo chamado pelota? Será pola súa textura? Polo seu tamaño? Por que roda cando tentan agarrala? Por que vai lonxe cando a chutan? Por que bota cando a lanzan?
O xogo con pelotas impulsa aos bebés a arrastrarse ou gatear e cando son máis grandes corren tras delas para poder alcanzalas, traballando o equilibrio e a coordinación.
É tamén unha excelente oportunidade para que nenas e nenos desenvolvan as súas habilidades sociais.
Xogar con pelotas de distintos tamaños favorece a motricidade fina. Si é unha pelota grande buscamos collela con ambas mans. Ademais podemos ofrecer pelotas con texturas para traballar a parte sensorial.
Toso isto facemos coas pelotas:
Atrapalas entre as mans!
Atopalas entre as teas!
“Correr” detrás delas ( gateando en todas as súas modalidades tamén vale)
Lanzalas ao aire, a unha compañeira ou adultos.
Tirala e recollela, só ou entre varios.
Sentarse encima dela.
Tumbarse encima dela.
Encestala.
Colocala en diferentes parte do corpo.
Facer acopio delas (cantas son capaz de transportar!)