Coas fotos de familia

Levamos anos na escola solicitando ás familias ao inicio de curso unha foto de familia. No grupo de bebés o habitual é poñelas á súa altura nun recunho da aula, coa posibilidade de collelas cando lles apeteza, outra modalidade cando xa son máis maiores é poñelas en cada cara dunha caixa permitindo o xogo con elas, xa que as pequenas e pequenos usan as caixas como punto de apoio e arrástranas pola aula. Para o grupo de medianos e maiores temos probado con varias modalidades, na parede avaliamos que non nos funcionaba, ao ser un número máis elevado de nenos todos querían estar ao carón da foto e promovía os conflitos por sentar nun determinado sitio á hora de escoitar un conto, cantar ou desenvolver algunha actividade de grupo. O que sí funciona moi ben é o album da familia, telas xuntas a modo de libro. Está dispoñible para eles, empezan dous ou tres nenos que o queren ver e vaise sumando nenos que van sinalando os nomes dos seus compañeiros, da súa nai e pai, irmáns, falando do que están facendo na foto e veñen moi orgullosos coa foto da súa familia a ensinala á educadora: mira! din constantemente porque queren a confirmación dese recoñecemento, o da súa familia.

IMG_2282

Así que ten categoría de recurso imprescindible nas nosas aulas, aínda que xa temos detectadas propostas melloradas, como un album personalizado de cada neno, onde incluír aos avós, tíos ou mascotas, ou lugares da casa máis comúns,… traballaremos nos vindeiros cursos nesa liña, porque como xa puidechedes comprobar a proposta favorece, ao noso entender, a construcción da identidade de cada un, saberse parte dun grupo é moi importante, da seguridade e confianza, aspectos chave para unha imaxe positiva dun mesmo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará