Arquivos mensuais: Xuño 2018

Pelotas

Que pequeno non se deixa seducir por ese obxecto redondo chamado pelota? Será pola súa textura? Polo seu tamaño? Por que roda cando tentan agarrala? Por que vai lonxe cando a chutan? Por que bota cando a lanzan?

O xogo con pelotas impulsa aos bebés a arrastrarse ou gatear e  cando son máis grandes corren tras delas para poder alcanzalas, traballando o equilibrio e a coordinación.

É tamén unha excelente oportunidade para que nenas e nenos desenvolvan as súas habilidades sociais.

Xogar con pelotas de distintos tamaños favorece a motricidade fina. Si é unha pelota grande buscamos collela con ambas mans. Ademais podemos ofrecer pelotas con texturas para traballar a parte sensorial.

Toso isto facemos coas pelotas:

Atrapalas entre as mans!

DSCN0871

Atopalas entre as teas!

DSCN0869

 

“Correr” detrás delas ( gateando en todas as súas modalidades tamén vale)

DSCN0872

Lanzalas ao aire, a unha compañeira ou adultos.

DSCN7338

Tirala e recollela, só ou entre varios.DSC00730

Sentarse encima dela.

DSCN7352

Tumbarse encima dela.DSCN7335

Encestala.

IMG_2549

Colocala en diferentes parte do corpo.

DSCN7330

Facer acopio delas (cantas son capaz de transportar!)

 

DSCN7388

Coas fotos de familia

Levamos anos na escola solicitando ás familias ao inicio de curso unha foto de familia. No grupo de bebés o habitual é poñelas á súa altura nun recunho da aula, coa posibilidade de collelas cando lles apeteza, outra modalidade cando xa son máis maiores é poñelas en cada cara dunha caixa permitindo o xogo con elas, xa que as pequenas e pequenos usan as caixas como punto de apoio e arrástranas pola aula. Para o grupo de medianos e maiores temos probado con varias modalidades, na parede avaliamos que non nos funcionaba, ao ser un número máis elevado de nenos todos querían estar ao carón da foto e promovía os conflitos por sentar nun determinado sitio á hora de escoitar un conto, cantar ou desenvolver algunha actividade de grupo. O que sí funciona moi ben é o album da familia, telas xuntas a modo de libro. Está dispoñible para eles, empezan dous ou tres nenos que o queren ver e vaise sumando nenos que van sinalando os nomes dos seus compañeiros, da súa nai e pai, irmáns, falando do que están facendo na foto e veñen moi orgullosos coa foto da súa familia a ensinala á educadora: mira! din constantemente porque queren a confirmación dese recoñecemento, o da súa familia.

IMG_2282

Así que ten categoría de recurso imprescindible nas nosas aulas, aínda que xa temos detectadas propostas melloradas, como un album personalizado de cada neno, onde incluír aos avós, tíos ou mascotas, ou lugares da casa máis comúns,… traballaremos nos vindeiros cursos nesa liña, porque como xa puidechedes comprobar a proposta favorece, ao noso entender, a construcción da identidade de cada un, saberse parte dun grupo é moi importante, da seguridade e confianza, aspectos chave para unha imaxe positiva dun mesmo.