Arquivos diarios: 20 Maio, 2018

O espazo da aula

En entradas anteriores temos falado dos espazos de libre circulación, nesta ocasión gustaríanos abrir a porta da aula para que vexades como está estruturado o seu espacio.

Os recantos ou ambientes teñen longa tradición na escola, Pestalozzi por exemplo, que propoñía a utilización de materiais concretos que permitiran a experiencia sensorial; Dewey propuxo talleres que axudaran a comprender o mundo a través da realización de actividades prácticas (cociña, xardinería, dramatización,…); Montessori falaba dos ambientes preparados onde ofrecía aos nenos unha seria de materiais estruturados para que empregaran autónomamente; Freinet introduciu a organización por recantos onde o material de xogo-traballo estivera ao alcance do alumnado cunhas consignas marcadas polos propios nenos; ou Malaguzzi que considerou que o adulto debe ter en conta as motivación e intereses das pequenas e pequenos organizando a aula en zonas onde puideran reunirse varios alumnos e xerar unha atmósfeta rica e ricos procesos de crecemento personal.

E éste é o punto de partido, xerar un clima na aula que favoreza a participación, a relación entre iguais, a creatividade, a concentración, a procura de intereses, a autonomía,…

IMG_4353

Desde a perspectiva do adulto é un traballo longo con baches no camiño, nun grupo de vinte nenos entre dous e tres anos cunha impulsividade motriz en plena ebullición, é complexo conxugar todas as individualidades en dúas, tres ou catro propostas (os metros cadrados da aula non dan para máis). Neste último trimestre, onde todos nos coñecemos máis, os educadores ao seu alumnado, os nenos aos seus adultos de referencia, e os nenos e nenas entre elas, podemos dicir que a autonomía no xogo, a capacidade de toma de decisión, o respeto polo xogo- traballo do outro e polos materiais, o pracer por relacionarme co outro… se van interiorizando e repectando cada vez máis é mellor.

IMG_3646

Agora sentimos que merece a pena o esforzo de pensar  un espazo dentro da aula que favoreza o xogo, as relacións e o gusto por sentirse ben cun mesmo e cos demáis.

Fonte: https://creerescrearconalma.wordpress.com/2016/11/15/el-aprendizaje-situado/