A illa da calma

 

É unha actividade para nenas e nenos de un a tres anos que ten por obxecto estimular a linguaxe, a experimentación e a concentración. Hai pouco que descubrimos que procede de Elinor Goldschmied, autora do Cesto dos Tesouros e o Xogo Heurístico, para nós é máis coñecida a proposta como caixa dos tesouros, e as tres propostas teñen en común o uso de obxectos cotiás.

Consiste nunha caixa que contén diferentes obxectos e que se lle ofrece as crianzas en momentos nos que queremos conseguir que haxa calma e tranquilidade. Mentres as crianzas observan, manipulan e descobren os materiais, a educadora  esta sempre ao seu carón e favorece continuamente o diálogo. Favorece ademáis, a aprendizaxe da convivencia, iniciarse no hábito da orde, o respecto polas cousas de todos e a colaboración co adulto.

IMG-20180403-WA0017

A educadora está sentada no chan ou nun lugar baixo e o seu rol é crear expectación e sorpresa. Presenta os materiais comentando ás crianzas o que vai atopando e establecendo un diálogo cos nenos e nenas a partir das características do material.

As caixas sorpresa teñen tanto éxito que no grupo de maiores ampliamos a actividade para que eles mesmos teñan a súa propia caixa con tesouros. En certos momentos da xornada é un recurso estupendo para recuperar a calma perdida ou desexada para dar paso a outra actividade que necesariamente require dela ( coincide habitualmente co momento de comer).

DSCN1163

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará