Neste curso escolar, tomamos a decisión no seo do equipo de educadoras do grupo de maiores facer os cambios de pañal de pé. O certo é que as dores de espalda por cargar nenos tan maiores ao cambiador tivo moito peso na decisión, pero despois de varios meses desenvolvendo a actividade son moitas as vantaxes que lle vemos ao método, e incluso comeza a extenderse a reflexión para empregar a proposta coas nenas e nenos que xa permanezan de pé con estabilidade e teñan disposición a colaborar.
Beneficios que imos detectando:
- Aprenden a coñecer o seu corpo e van pouco a pouco tomando consciencia sobre él e a necesidade de cambiar o pañal.
- Afianzan as suas capacidades motrices.
- Aumentan as posibilidades de comunicación co adulto.
-
- Teñen maiores posibilidades de colaboración e participación activa no cambio:
- Coller o cueiro e as toalliñas.
- Baixar o pantalón.
- Desabrochar o body ou baixar braga ou calzón.
- Quitar él só o pañal.
- Limparse coa toalliña.
- Colaborar poñendo o pañal.
- Subir o pantalón.
- Tirar o pañal o colector de cueiros.
- Aumentan as posibilidades de colaboración e axuda entre eles.
Os momentos de coidado son fundamentais no desenvolvemento da imaxe dun mesmo, a maneira de enfocalos diminuirá ou aumentará as posibilidades de que ésta sexa ou non positiva.
Reflexionemos e poñamos a nosa mirada onde realmente é importante: os coidados básicos na escola infantil son a chave du entorno de calidade para que nenas e nenos se sintan ben, e con iso se abran ao mundo.