Arquivos diarios: 28 Xaneiro, 2018

Cambiar o pañal de pé

 

Neste curso escolar, tomamos a decisión no seo do equipo de educadoras do grupo de maiores facer os cambios de pañal de pé. O certo é que as dores de espalda por cargar nenos tan maiores ao cambiador tivo moito peso na decisión, pero despois de varios meses desenvolvendo a actividade son moitas as vantaxes que lle vemos ao método, e incluso comeza a extenderse a reflexión para empregar a proposta coas nenas e nenos  que xa permanezan de pé con estabilidade e teñan disposición a colaborar.

IMG_1522

Beneficios que imos detectando:

  • Aprenden a coñecer o seu corpo e van pouco a pouco  tomando consciencia sobre él e a necesidade de cambiar o pañal.
  • Afianzan as suas capacidades motrices.
  • Aumentan as posibilidades de comunicación co adulto.
  • DSCN0255

  • Teñen maiores posibilidades de colaboración e participación activa no cambio:
    • Coller o cueiro e as toalliñas.
    • Baixar o pantalón.
    • Desabrochar o body ou baixar braga ou calzón.
    • Quitar él só o pañal.
    • Limparse coa toalliña.
    • Colaborar poñendo o pañal.
    • Subir o pantalón.
    • Tirar o pañal o colector de cueiros.
    • Aumentan as posibilidades de colaboración e axuda entre eles.

DSCN0044

Os momentos de coidado son fundamentais no desenvolvemento da imaxe dun mesmo, a maneira de enfocalos diminuirá ou aumentará as posibilidades de que ésta sexa ou non positiva.

DSCN6737

Reflexionemos e poñamos a nosa mirada onde realmente é importante: os coidados básicos na escola infantil son a chave du entorno de calidade para que nenas e nenos se sintan ben, e con iso se abran ao mundo.