Arquivos mensuais: Xaneiro 2018

Cambiar o pañal de pé

 

Neste curso escolar, tomamos a decisión no seo do equipo de educadoras do grupo de maiores facer os cambios de pañal de pé. O certo é que as dores de espalda por cargar nenos tan maiores ao cambiador tivo moito peso na decisión, pero despois de varios meses desenvolvendo a actividade son moitas as vantaxes que lle vemos ao método, e incluso comeza a extenderse a reflexión para empregar a proposta coas nenas e nenos  que xa permanezan de pé con estabilidade e teñan disposición a colaborar.

IMG_1522

Beneficios que imos detectando:

  • Aprenden a coñecer o seu corpo e van pouco a pouco  tomando consciencia sobre él e a necesidade de cambiar o pañal.
  • Afianzan as suas capacidades motrices.
  • Aumentan as posibilidades de comunicación co adulto.
  • DSCN0255

  • Teñen maiores posibilidades de colaboración e participación activa no cambio:
    • Coller o cueiro e as toalliñas.
    • Baixar o pantalón.
    • Desabrochar o body ou baixar braga ou calzón.
    • Quitar él só o pañal.
    • Limparse coa toalliña.
    • Colaborar poñendo o pañal.
    • Subir o pantalón.
    • Tirar o pañal o colector de cueiros.
    • Aumentan as posibilidades de colaboración e axuda entre eles.

DSCN0044

Os momentos de coidado son fundamentais no desenvolvemento da imaxe dun mesmo, a maneira de enfocalos diminuirá ou aumentará as posibilidades de que ésta sexa ou non positiva.

DSCN6737

Reflexionemos e poñamos a nosa mirada onde realmente é importante: os coidados básicos na escola infantil son a chave du entorno de calidade para que nenas e nenos se sintan ben, e con iso se abran ao mundo.

Os percheiros. Espazos de aprendizaxe esquecidos (as veces)

O título do monográfico de Aula Infantil (nº88), “Espacios de aprendizaje olvidados (a veces)” coordinado por Cristina Elorza, parécenos moi apropiado para falarvos deste espazo da escola de tanta riqueza de estímulos e estratexias e do cal se fala en moi contadas ocasións.

Na nosa escola os percheiros están no corredoiro á altura das nenas e dos nenos e a maiores dun colgadoiro teñen un oco onde colocar outros obxectos persoais.

Esta é a relación de pertenzas persoais que atopa o neno no seu percheiro:

.- A sua foto. Unha foto grande, a maioría das veces evocándolle ao neno algunha situación familiar.

DSCN6336

.- A sua caixa personalizada. Ao inicio de curso, no acompañamento inicial da familia, unha das tarefas é personalizar unha caixa pequena de cartón para gardar obxectos que se deixará no casilleiro. Ao longo do curso acaba sendo unha caixa dos tesouros para os pequenos.

DSCN0047

.- A sua bolsa de muda. Por si en calquer momento da xornada é necesario cambiar de roupa. Os máis maiores collen eles mesmos a sua bolsa do percheiro para mudarse.

DSCN4273

.– O seu mandilón. Na nosa escola o mandilón emprégase para actividades puntuais (pintura de dedos, por exemplo) e á hora de comer, polo que a acción de colgar e descolgar o mandilón, sacalo e poñelo forma parte das rutinas diarias.

P1150842

.- A sua chaqueta ou cazadora. Ao chegar e ao marchar teñen que colgar e descolgar estas prendas. Repiten as accións de sacar e poñer a roupa de abrigo para ir ao patio.

DSCN6152

.- Os seus zapatos. Cómo xa vos temos comentado na escola favorecemos que nenas e nenos estén descalzos, ao chegar os máis maiores xa saben que teñen que deixalos zapatos no seu casilleiro. Calzarse e descalzarse forma parte tamén das rutinas diarias da escola.

DSCN4102

.– A sua axenda. A axenda tamén está no seu casilleiro, e é increíble o moito que lles gusta sentarse a vela e “ler” como comeron, ou durmiron ou que fixeron. A axenda tamén está personalizada e é outras das tarefas que fan as familias ao inicio de curso.

DSC09854

.- Outros obxectos. Ás veces traen un xoguete, uns contos, un paraugas e todo queda no seu casilleiro porque saben que alí o atoparán cando o precisen coller.

P1130734

E sobre todo están nun lugar de encontro, onde recibir ao outro, onde favorecer e potenciar as relacións sociais.

DSCN1489

Na primeira infancia toda a experiencia das nenas e dos nenos debe partir dun contorno estimulante, da utilidade que proporcionan unha serie de habilidades e destrezas para o coñecemento do mundo e da propia motivación por acadar a autonomía persoal.

É a zona dos percheiros, ao noso entender, un espazo que propicia o recoñecemento dun mesmo, o recoñecemento dos outros e o recoñecemento dos outros hacia nós: un lugar de relacións.

O espazo ofrece poibilidades para a colaboración entre iguais, e tamén entre maiores e pequenos, que permite que as nenas e nenos descubran o que son capaces de facer.

O acompañamento do adulto nestas situacións de recoñecemento da autonomía do neno constitúen o camiño do desenvolvemento cara unha identidade e autoestima positiva.