O diario individual de cada neno.

IMG_0661

No Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. No apartado de Orientacións metodolóxicas do primeiro ciclo no seu punto 8 sobre a avaliación recolle:

Dada a interrelación estreita entre todos os actores, escenarios e actividades desenvolvidas nunha escola de primeiro ciclo de educación infantil, o proceso de avaliación deberá recoller non só información de como vai evolucionando o desenvolvemento dos nenos e nenas nos ámbitos de aprendizaxe, senón tamén a propia planificación educativa, a organización de tempos e traballo dos equipos educativos e de servizos, e a interrelación coas familias e coa comunidade.

-A avaliación terá un carácter permanente e sistemático, de maneira que proporcione información veraz e continua sobre os procesos de toda índole que teñen lugar no centro e posibilite axustar ou mellorar os programas establecidos.

-Os equipos educativos das escolas deberán deseñar instrumentos de avaliación que reflictan, non soamente os estándares esperados en cada nivel de idade, senón tamén o proceso de evolución nas aprendizaxes que cada neno percorre, de xeito que poidan obter información individualizada.

-Esta información, que debe subliñar os logros e avances acadados, ten que ser comunicada e compartida coas familias para, desde diferentes puntos de vista, atopar entre todos estratexias de apoio que lle permitan ao alumnado afrontar os seguintes retos.”

Ao longo da nosa experiencia profesional vimos ensaiando con varias propuestas para a avaliación de nenas e nenos, e tendo en conta o que recolle a lexislación ao respecto consideramos que o diario individual de cada neno é unha ferramenta axeitada para unha avaliación permanente, sistemática, procesual e que permite compartir diferentes puntos de vista coas familias, convertíndose en punto de apoio para favorecer o desenvolvemento de nenas e nenos.

O diario é un rexistro individual de cada nena e neno que nace da necesidade de dar utilidade á toda a documentación gráfica que se vai acumulando e de recoller toda a información que o traballo de observación nos devolve.

DSCF0095

O diario recolle os hitos do desenvolvemento, o proceso que se da entre a adquisición dos mesmos, e acontecementos significativos que se van producindo ao longo do curso. Coincidindo cos tempo de Nadal e Semana Santa o diario se lle entrega ás familia para que sexan elas as que recollan información de interese para a escola sobre a vida das súas fillas e fillos.

A colaboración e participación das familias comeza na entrevista inicial onde se lles amosa o diario e se lle explica a proposta. E cada diario comeza así:

Queridas familias:

Este diario é un rexistro de observación de pequenos momentos do día a día da vosa crianza na aula.

A observación permítenos describir a situación e evaluar os contextos de aprendizaxe, esta avaliación axúdanos a mellorar as nosas propostas educativas.

A observación, tal e como a recollemos neste diario, ten como obxectivo recoller os datos, sen interpretación por parte do educador, do que está acontecendo, é dicir representar o máis fielmente posible o que a nena ou neno está a facer.

Queremos compartir convosco este diario, e é por iso que ao longo do curso irá a casa para que poidades lelo con calma e teñades a oportunidade de facer algúns rexistros, co fin de que nós tamén saibamos como actúa a vosa filla ou fillo no fogar.

Un maior coñecemento dos intereses e necesidades das nenas e nenos axudaranos a tomas de decisións máis axeitadas para estimular o aprendizaxe.

Agardamos esta proposta sexa do voso interese.

Recibide un cordial saúdo

Este é o terceiro curso escolar que levamos a cabo esta proposta de avaliación, o certo e que estamos moi ilusionadas co proceso, e ao remate do curso teremos verdadeiros diarios de vida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará