Unha proposta pedagóxica para o grupo de medianos

Que é unha proposta pedagóxica?

Na orixe etimóloxica das dúas palabras temos a resposta:

  • Proposta: deriva do latín “proposita”, que pode traducirse como “posta cara adiante”.
  • Pedagóxica: emana do grego, da unión do substantivo “paidos” (neno) e o verbo “ago” (conduzo) e o sufixo “-ico” para indicar “relativo a”. Polo tanto, “relativo ao que ensina aos nenos” sería o seu significado.

A proposta pedagóxica é un documento que recolle a intencionalidade, o camiño do que ensina aos nenos, do profesorado.

O documento que presentamos para o grupo de medianos (1-2) parte do que se vén facendo desde o inicio da actividade do centro, no curso escolar 2013/14. É, ao noso parecer, un documento realista que deriva da propia práctica, da experiencia e das necesidades de nenas e nenos.

As decisións recollidas son colectivas, reflicten a realidade das nosas aulas; o punto de partida é o propio proxecto educativo do centro, é por iso que non é unha proposta estable, estará sempre en continuo proceso de revisión.

Por sorte a práctica e a formación continua devólvenos experiencia e a posibilidade de saír de zonas de confort non apropiadas para estas idades (propostas pouco apropiadas para os intereses e motivacións das nosas nenas e nenos), o que promove outras formas de facer cando as propias quedan obsoletas.

De moitos dos acordos recollidos neste documento xa temos falado con moitísimo máis detalle en entradas anteriores deste blogue, ás cales vos recomendamos acudir premendo no enlace: a importancia da autonomía, evitar a sobreestimulación ou a necesidade de ofrecer experiencias que estimulen os sentidos.

Temos falado tamén dos tempos de descanso e alimentación na escola e das propostas de xogo ao aire libre.

0001

PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO DE MEDIANOS

Queda moito por contar, todo o que acontece na escola infantil 0-3 ten unha intencionalidade educativa, que parte dunha reflexión previa e unha constante autoavaliación, ingredientes fundamentais para a “posta cara adiante”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará