Arquivos mensuais: Agosto 2017

Incertidume

O inicio de curso ven marcado por grandes expectativas, ilusións renovadas, reencontros, novas relacións e tamén de moita incertidume. A educación é unha tarefa imperfecta e asumir esa realidade despois de tempos adicados á planificación e reflexión supón grandes esforzos para admitir e valorar a aventura da ambigüedade e do impreciso.

Seguindo o planteamento educativo de Loris Malaguzzi:

Hai que aceptar a dúbida, a contradición, a provocación, as equivocacións e os riscos, dando cabida á sorpresa. A educación é un risco e na educación entran a dúbida e a contradición. A incerteza é o motor do coñecemento. (citado en Abad e Ruíz de Velasco, 2011, p.99).

E é así como arrincamos o novo curso escolar, entendendo a educación como unha procura permamente como din Lapierre e Aucouturier:

A educación non é unha serie de aprendizaxes definitivas, senón unha procura permanente sobre temas que se encadean espontaneamente uns a outros. Procura na que xamáis nada termina, onde todo pode ser revisado, onde cada obra, cada estrutura construída segue sendo proxecto, susceptible de ser modificado, creado de novo. Procura na que o erro é considerado como unha etapa a miúdo necesaria na evolución e por tanto desculpabilizado. (citado en Abad e Ruíz de Velasco, 2011, p.99).

DSCN3927