Arquivos mensuais: Xullo 2017

As familias contan: unha proposta de participación activa

“Compartir será o camiño para comprender que a auténtica sabiduría non está nas respostas irrefutables, senón nas dúbidas que nos invitan a cuestionar o aprendido”. (Elena Lobo).

Sabemos que acompañar ás familias é de suma importancia, non só para que teñan unha actitude favorable e colaborativa coa escola, senón tamén para orientalas na educación das súas fillas e fillos sentíndose capaces e empoderadas nesta tarefa.

É un gran esforzo, sinceramente, xa que en educación, especialmente cando falamos de relacións, poucas veces dous máis dous son catro. Por iso, os docentes tamén precisamos de moita confianza en nós mesmos para seguir cara adiante cando nos equivocamos.

En relación ás actividades de continuidade na casa

Os contos viaxeros convértense nunha ferramenta para compartir vivencias, emocións e aprendizaxes entre toda a comunidade educativa. Con cada conto levan unha cartolina onde as familias expresan o que consideran oportuno sobre a experiencia. O que contan é moi rico en canto as anécdotas, e todas coinciden no mesmo: o gran interese que amosan as súas fillas e fillos por ler unha e outra vez os contos da escola que levaron na bolsa para casa. Na escola xuntamos cada cartolina e formamos un conto, o conto dos contos viaxeiros, alí poden verse na casa lendo o conto, debuxos que fixeron cos seus irmás maiores, palabras,…

No último trimestre do curso nos dous grupos de maiores, iniciamos unha actividade onde entre varios peluches da escola as nenas e nenos escollen as que serán as súas mascota da clase. As nenas e nenos levan para a casa a mascota da aula e as familias adquiren o compromiso de contar o que fixeron ao longo deses días.

O primeiro paso foi informar ás familias e presentarlles á mascota a través dunha nota escrita onde se lles conta a idea e que precisamos da súa colaboración. Ao final de todas as quendas as educadoras elaboran un libro para a aula onde as pequenas e pequenos poden recoñecerse e contar o que fixeron coa mascota na súa quenda e ao mesmo tempo serve para coñecer máis ás compañeiras e compañeiros.

Unha vez que o libro pasa un tempo na aula queda na entrada para que podan compartirlos coas súas familias (elaboramos dous libro, un por cada aula), e finalmente queda na biblioteca da escola. A familia que o quera fotocopiar para ter unha copia pode facelo. O libro da mascota permite tecer unha ponte entre a escola e a casa.

collage-2017-07-07 (1)

En relación ás actividades na escola

Ensinar non é transmitir coñecementos, é xerar posibilidades de producilo” (Paulo Freire).

A colaboración e presencia das familias duplicarán estas posibilidades, polo que ao longo do curso son varias as propostas de participación activa na aula.

  • Sesión de contos. No último trimestre desenvolvemos unha bataría de actividades relacionadas cos contos, entre elas que as familias voluntarias veñan contar os contos preferidos das súas fillas e fillos á aula. Ademais dunha moi boa acollida (veñen incluso avós ou tíos), nenas e nenos viven a experiencia con moito pracer e ilusión.

  • Obradoiros de cociña. Esta tamén é unha actividade de continuidade ao longo do curso, case todas as semanas os grupos de maiores elaboran o seu propio almorzo; algúns obradoiros adquiren a categoría de especiais porque veñen nais, pais, avós a axudarnos na súa elaboración ( galletas de Nadal, orellas de Entroido, biscoitos,…).

  • Visitas culturais. Coñecer o entorno próximo é un dos obxectivos do proxecto que precisa da axuda das familias. As visitas ao mercado, á biblioteca e á radio facémolas en pequeno grupo para disfrutar do paseo e de sesión relaxadas onde nenas e nenos podan interáctuar activamente.

  • O espazo das familias. A foto familiar forma parte das aulas, segundo a idade de nenas e nenos as propostas son diferentes: na aula dos bebés as fotos pegámolas en caixas grandes que utilizan de punto de apoio para porse de pé, na aula dos medianos colgadas do teito con goma elástica para que podan collelas entre as mans, e por último, na aula dos maiores construímos o libro da familia e cando lles apetece repasan as súas fotos. Por suposto, ao remate do curso, todas as nenas e nenos identifican ao resto de familias.

  • As festas son outra oportunidade para establecemento de vínculos entre todas a comunidade educativa. Nenas e nenos gozan coa presencia das súas familias na escola nun ambiente distendido e moi lúdico.

collage-2017-07-07 (2)

En relación ás canles de comunicación

Un dos sinais de identidade da Rede de Escolas Infantís de Galicia é que é un proxecto educativo aberto á participación das familias. Sabemos que as nenas e nenos non chegan sóas á escola, sempre lles acompaña un adulto; acompañar, neste contexto, é moito máis que coller da man. Desde esta perspectiva a familia adquire significado e representa para a escola, xunto co neno, o máximo expoñente da intervención educativa.

Son moitas as canles e as oportunidades que nos brinda o curso para poder comunicarnos, nalgúns formatos de xeito máis participativo e noutros, é certo, máis de xeito informativo.

  • Xuntanza xeral, titorías e entrevistas. Na xuntanza xeral de inicio de curso realizamos o traspaso do proxecto educativo, posto que pensamos que é moi imortante que as familias sepan os criterios que ten a escola, para que así podan decidir se é a escola que queren para as súas fillas e fillos. Este traballo ten continuidade nas xuntanzas do grupo clase e nas entrevistas iniciais que axudan a situarse na nosa realidade ás familias.

  • Charlas-coloquio. Levamos varios cursos, a través de varios formatos, dinamizando este tipo de encontros onde compartimos temas de interese sobre o coidado da infancia. Este curso programamos tres charlas- coloquio en horario de tarde para favorecer a asistencia das familias. Cada curso programamos diferentes temas en función dos profesionais que podan impartir a charla. Coñecer aos relatores permite que sexan persoas achegadas á vida da escola e favorezan un ambiente relaxado, unha linguaxe coloquial e con explicacións claras e comprensibles. O certo é que os encontros son acollidos con relativo interese, dunha poboación de 85 alumnado, a asistencia oscila entre 10 e 15 familias por charlas-coloquio, pero somos constantes no empeño e nos custa aparcar proxectos, polo que confiamos que a base de constancia e ir reformulando á proposta consigamos a chave para que a proposta teña a acollida que se merece.

  • Blogue e outras redes sociais. Dinamizar este tipo de ferramentas xorde do interese por facer chegar a información dun xeito máis riguroso ás familias e tamén a outros profesionais. A través da rede a divulgación do traballo educativo é posible, e construímos con cada entrada, a escola que somos.

    collage-2017-07-07 (3)E por último temos as canles de información permanente:

    • Os encontros cotiás de intercambio entre o profesorado e as familias transmiten ás nenas e nenos a imaxen dunha vida adulta chea de diálogo e escoita. A posibilidade de participar do coidado da filla ou fillo na escola tamén nos parece unha oportunidade: espertalos se cheguan e aínda dormen e que as pequenas e pequenos vexan aos súa nai ou pai ao abrir os ollos, por exemplo.

    • Axendas. Unha das súas finalidades é actuar como nexo de unión entre os tres protagonistas educativos: alumnado, familias e docentes.

      Por unha banda, a axenda é un instrumento para que as familias podan estar ao día dos coidados básicos ou incidencias no tempo que os seus fillos permanecen na escola, e por outra, serve tamén para informar ao profesorado de cuestións relativas ás necesidades das súas fillas e fillos.

    • A documentación que se recolle coas fotografías e que acompañada de pequenos escritos é visible nas paredes da escola, ou na entrada onde se pode consultar artigos e revistas de interese serven de apoio a liña pedagóxica do centro. Na entrada construímos un lugar común de encontro, de nexo de participación vinculante: a maiores da documentación dispoñible para as familias, están as tartarugas, os vermes, os produtos da horta, e sempre algunha familia colabora na súa decoración.

O fundamental é xerar espazos diversos de interacción formais: colaborando na aula, concertando entrevistas e xuntanzas e tamén informais por exemplo nas entradas e saídas, participando en acontencementos escolares a fin de fomentar o coñecemento mútuo e xerar vínculos de confianza e respecto. É importante que todas as familias teñan un sitio en función das súas características, intereses e posibilidades.

collage-2017-07-07 (4)

En relación aos procesos de avaliación.

Cuestionarios de avaliación. A fin de coñecer en que medida se cumplen as expectativas das familias respecto ao servizo educativo que ofrecemos, todos os anos ao remate de curso pasamos un cuestionario con carácter anónimo e de preguntas abertas.

As valoración dos diferentes apartados resultan moi positivos, e case sempre tanto familia e escola coinciden nas percepcións (a impotancia do xogo, autonomía, vida cotiá, relación coas familias,…) aínda así esta fórmula sempre nos axuda a detectar cuestións das que a escola non ten constancia, e así ofrecer propostas de mellora (exceso de calor, organización, comedores,…)

Diarios. O diario da nena e do neno é un sistema de observación, seguimento e avaliación do seu desenvolvemento. O feito de que as familias participen rexistrando tamén as súas observacións e valoracións sobre as súas fillas e fillos ao longo do curso considerámolo moi enriquecedor, xa que coa súa implicación os educadores temos a oprtunidade de coñecer mellor ao noso alumnado e podemos ampliar as nosas interaccións con eles, e viceversa!

Son moitas as propostas, o máis importante quizais sexa facer seguimento de todos os cauces posibles de comunicación cunha actitude de achegamento, facilitadora nas situacións complicadas, ou coordinando os recursos dispoñibles para ofrecer toda a nosa colaboración ás familias na educación das súas fillas e fillos, iso será indicativo dun servizo de calidade.

Referencias bibliográficas

Anna Vilar, (2017). Hacemos camino con las familias De la coexistencia a la convivencia, Aula 258.

Rosa Bailac, Aurora Roma, Àngels Rosell (2013), Las bolsas de los cuentos viajeros, Aula de Infantil, núm. 70.

Sílvia Blanch, Xavier Gimeno, (2010). Familia y escuela, de entrada, colaboradores. Aula de Infantil, núm. 58.