O xogo e as relacións intergrupais

Neste último trimestre as propostas de actividades aumentan, o alumnado é máis autónomo e a súa curiosidade e interese por coñecer o que acontece ao seu redor é maior. É tempo de dar de comer ás tartarugas porque deixaron de invernar, de criar aos vermes de seda, de coidar da horta, de continuar reciclando e de promover situaciones de xogo intergrupais  nas que nenas e nenos de diferentes idades xoguen xuntos.

A interacción das nenas e nenos cando as idades son diferentes enriquece porque:

  • Producense maiores oportunidade de avanzar ao seu ritmo, segundo a súa personalidade e necesidades.

  • Están máis estimulados a aprender cando teñen a referencia das nenas e dos nenos maiores.

  • A riqueza de experiencias aumenta ( os maiores alentan as experiencias dos máis pequenos).

  • O xogo é máis rico e variado.

  • Os maiores convírtense en modelos de aprendizaxe para os máis cativos.

  • Os maiores adquiren compromisos e complicidade co coidado dos máis pequenos.

Na escola valoramos a riqueza da interacción entre o noso alumnado. Cremos que os agrupamentos mixtos son posibles e beneficiosos, un claro exemplo é a proposta de portas abertas onde o alumando pode xogar libremente en calquer espazo da escola (as propostas de xogo desenvólvense nas dúas aulas de medianos, nas dúas aulas de maiores, en usos múltiples e no corredoiro).

Neste pequeno vídeo podedes comprobar a riqueza das relacións que se establecen entre maiores e pequenos:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará