Neste último trimestre as propostas de actividades aumentan, o alumnado é máis autónomo e a súa curiosidade e interese por coñecer o que acontece ao seu redor é maior. É tempo de dar de comer ás tartarugas porque deixaron de invernar, de criar aos vermes de seda, de coidar da horta, de continuar reciclando e de promover situaciones de xogo intergrupais nas que nenas e nenos de diferentes idades xoguen xuntos.
A interacción das nenas e nenos cando as idades son diferentes enriquece porque:
-
Producense maiores oportunidade de avanzar ao seu ritmo, segundo a súa personalidade e necesidades.
-
Están máis estimulados a aprender cando teñen a referencia das nenas e dos nenos maiores.
-
A riqueza de experiencias aumenta ( os maiores alentan as experiencias dos máis pequenos).
-
O xogo é máis rico e variado.
-
Os maiores convírtense en modelos de aprendizaxe para os máis cativos.
-
Os maiores adquiren compromisos e complicidade co coidado dos máis pequenos.
Na escola valoramos a riqueza da interacción entre o noso alumnado. Cremos que os agrupamentos mixtos son posibles e beneficiosos, un claro exemplo é a proposta de portas abertas onde o alumando pode xogar libremente en calquer espazo da escola (as propostas de xogo desenvólvense nas dúas aulas de medianos, nas dúas aulas de maiores, en usos múltiples e no corredoiro).
Neste pequeno vídeo podedes comprobar a riqueza das relacións que se establecen entre maiores e pequenos: