Arquivos mensuais: Maio 2017

Aparecer e desaparecer

É máis intenso o pracer de ser buscado ou o de ser atopado? Poderíase dicir que hai máis pracer na espera para realizar unha acción que na realización mesma?

O xogo de aparecer e desaparecer é moi precoz, entre o cuarto e sexto mes, as nais comezan a xogar coa súa presencia e ausencia: amosando o seu rostro e tapándoo coas mans ou manta dos bebés exclamando <cucú-trás> o que ven sendo <estou-non estou>.

A versión máis temperá do cucú é simplemente aparecer, na que o coidador anuncia que se está achegando coa voz antes de acercar a cara ao bebé. A medida que o bebé crece empeza a disfrutar da desaparación e reaparIción dos adultos, pero máis adiante o xogo permite que sexa o propio neno quen se esconda e reapareza.

O xogo ten un gran valor porque permite un equilibrio perfecto entre o que un bebé sabe do mundo, do que é capaz de controlar e o que aínda lle sorprende.

 

 

 

 

O pracer de xogar a caer

A partir dos dezaoito meses  nenas e nenos comezan a xogar a tirarse de golpe sobre as colchonetas, estando de pé ou parados ou despois de tomar carrerilla, e repiten unha e outra vez a caída, con moito pracer, e máis aínda se este xogo ten lugar ante un adulto que lles da seguridade e lles recoñece as súas capacidades.

É a partir desta idade que os pequenos son capaces de caer voluntariamente, pasando rapidamente da posición vertical á horizontal. Caer é unha nova competencia para abandonarse á acción do peso, en contrapartida aos esforzos, fomentados sempre polos adultos, para conquistar a posición erecta.

Ao caer con pracer o neno amosa aos adultos de referencia a súa seguridade en sí mesmo, volvendo ao chan e levantándose el so, para liberarse do chan , sen a súa axuda.  O pracer da caída permite a afirmación de sí frente aos pais,  é a proba dunha separación ben asumida.

Na escola danse moitísimas situacións de caída volutaria, sobre todo nas sesións de psicomotricidade. Velaiquí un exemplo moi claro:

 

Fonte: Aucouturier, B. Los fantasmas de acción y la práctica psicomotriz, 2004, Ed. Graó.

O xogo e as relacións intergrupais

Neste último trimestre as propostas de actividades aumentan, o alumnado é máis autónomo e a súa curiosidade e interese por coñecer o que acontece ao seu redor é maior. É tempo de dar de comer ás tartarugas porque deixaron de invernar, de criar aos vermes de seda, de coidar da horta, de continuar reciclando e de promover situaciones de xogo intergrupais  nas que nenas e nenos de diferentes idades xoguen xuntos.

A interacción das nenas e nenos cando as idades son diferentes enriquece porque:

  • Producense maiores oportunidade de avanzar ao seu ritmo, segundo a súa personalidade e necesidades.

  • Están máis estimulados a aprender cando teñen a referencia das nenas e dos nenos maiores.

  • A riqueza de experiencias aumenta ( os maiores alentan as experiencias dos máis pequenos).

  • O xogo é máis rico e variado.

  • Os maiores convírtense en modelos de aprendizaxe para os máis cativos.

  • Os maiores adquiren compromisos e complicidade co coidado dos máis pequenos.

Na escola valoramos a riqueza da interacción entre o noso alumnado. Cremos que os agrupamentos mixtos son posibles e beneficiosos, un claro exemplo é a proposta de portas abertas onde o alumando pode xogar libremente en calquer espazo da escola (as propostas de xogo desenvólvense nas dúas aulas de medianos, nas dúas aulas de maiores, en usos múltiples e no corredoiro).

Neste pequeno vídeo podedes comprobar a riqueza das relacións que se establecen entre maiores e pequenos: