Arquivos diarios: 12 Marzo, 2017

Cimentar o edificio matemático: clasificando

A clasificación é unha noción matemática básica, e a cor é a característica dos obxectos máis doada de identificar. Aínda que nas propostas cotiás que se dan na escola as pequenas e pequenos son quen de clasificar segundo outros criterios.

Velaquí algunhas das actividades que supoñen exercitar a clasificación:

IMG_8251

Recoller no comedor. Cada nena e neno recolle o seu plato, cuberto e vaso e teñen que botalo en gabetas diferentes.

 

SAM_4010

Recoller o material supón unha boa actividade de clasificación, para ordenar é necesario establecer un criterio: da mesma cor, tamaño, familia, material…

IMG_7603

Xogo heurístico. A clasificación do material para almacenalo nas súas bolsas forma parte do xogo heurístico. Nenas e nenos teñen que identificar o tipo de material  para a súa clasificación.

IMG_0232

Neste xogo, ademáis de disfrutar introducindo os tapóns polos tubos e agardar a recollelos das súas respectivas caixas, ofrece a posibilidade de clasificar por cores, e de feito algunhas nenas e nenos antes de botar o tapón polo tubo buscan a súa correspondencia.

IMG_20150720_161003033

Este outro xogo tamén permite a clasificación por cores, a idea é que garden cada tapón na caixa da súa cor.

DSCF2247

Neste tipo de xogos de construción é  a forma o criterio principal para a súa clasificación. Outra proposta que sempre lles gusta son os puzles:

IMG_0151

E como xa comentamos nunha entreda anterior reciclar é unha actividade de clasificación que desenvolven diariamente na escola.

Quedaríanos falar da mesa de luz, pero adicarémoslle unha entrada exclusiva, ben o merece!

SAM_3086

Todas estas actividades favorecen que se vaia cimentando o edificio matemático. Nesta ocasión falamos da clasificación, pero na vida cotiá e no xogo son moitísimas as oportunidades para asimilar conceptos básicos para cando se produce o salto a funciones máIs complexas do pensamento.