Arquivos diarios: 20 Febreiro, 2017

Reduce, reutiliza, recicla

AbandeIrados do material de refugallo do que facemos uso para as propostas de xogo, a escola fomenta desde sempre unha actitude respectuosa co medio ambiente.

Reusamos case todo o material que cae nas nosas mans: os tubos de cartón do papel hixiénico, as latas baleiras dos leites en po dos nenos, as botellas de plástico,… teñen unha vida más longa porque son empregados para outras cousas despois do seu uso orixinal (pezas de construción, material de xogo heurístico, axóuxeres,…).

Reducimos cando evitamos o consumo excesivo de materiais. Temos un exemplo claro, que ademais foi suxerencia dunha nai da escola. En cada cambio onde os nenos precisaban ser mudados usabamos unhas bolsas do supermercado, e son moitas as veces que realizamos esta acción e polo tanto, moitas as bolsas. A idea desta nai pareceunos fantástica: que cada familia trouxera das súas casas xa que sempre se acumula unha boa cantidade delas, e a maiores, reutilizala. O consumo de bolsas de plástico viuse moi, moi reducido.

Reciclamos, pois ata o de agora non se nos ocorreu facelo cos nosos nenos, non por non considerar a actividade de suma importancia para que pequenas e pequenos medren nun entorno respectuoso co medio ambiente; quizais a idade das crianzas, e intentar evitar o exceso de propostas que nos desvíen das actividades principais, que son a vida cotiá e o xogo, non estaba dentro das nosas prioridades.

Foi o respondable de Voz Natura, que nos viu visitar xa que o noso proxecto da horta forma parte deste programa, quen nos animou a reciclar con eles.

E puxémonos mans á obra: compramos varios caldeiros azuis e amarelos; explícamoslles aos nenos onde se bota o cartón e onde, o plástico; decidimos os puntos de reciclaxe; as familias asinaron autorización para que os maiores foran aos contedores do IES San Paio, que está ao carón da escola, e nada máis doado: pronto souberon diferenciar entre o plástico e o papel.

Temos que felicitar ás familias posto que unha altísima porcentaxe xa sabía como facelo, e dicían: como na miña casa, miña nai, con papá!

Así que satisfeitos de que a escola colabore unha vez máis coa familia na educación de nenas e nenos sensibles e respectuosos co medio ambiente.