Chegou (e xa marchou!) xaneiro e con el o frío, polo que vos facemos un pequeno resumo das actividades máis destacadas, que non as máis importantes (o xogo e vida cotiá sempre serán as máis significtivas!) que desenvolvimos na escola ao longo deste mes:
INSTALACIÓN DE GLOBOS BRANCOS
É o pasillo un espazo que recibe, polo que de cando en vez nos gusta preparalo para provocar sorpresa e novidade nas nenas e nenos. Nesta ocasión dedicimos encher o teito de globos brancos, quizais porque estamos en inverno e é unha estación que evoca paisaxes cubertos de branca neve,… ou non, para o grupo de maiores os globos formaban parte da festa de cumpreanos dunha das súas compañeiras!
INSTALACIÓN DE PAPEL HIXIÉNICO
O papel da moito xogo nas actividades sensoriais (enrugar, rachar, romper,….) se a maiores o colgamos do teito e tirando del obtemos máis e máis papel a diversión está asegurada!
SALTAR CHARCOS NO XARDÍN
Pois sí chove, e bastante! polo que cazadoras e botas son todo o que precisamos para pasar un momento inesquecíbel saltando charcos.
MESA DE EXPERIMENTACIÓN: XEOS
Non pode faltar na mesa de experimentación a fría sensación dos xeos. E poder observar que ao contacto coas nosas mans ou no chan, o xeo se derrete e se converte en auga!
OBRADOIRO DE COCIÑA: LICUADO
Non hai nada máis reconstituínte, que achegue máis enerxía que un bo zume de froitas de tempada. Toda unha experiencia que nenas e nenos disfrutaron desde o primeiro momento: pelando as mandarinas e o plátano, introducindo a froita na licuadora, vendo como os anacos de froita en cuestión de segundos se convertían en zume, e por suposto, saboreando licuadas e mesturadas as froitas propias do inverno.
EXPERIENCIA: MASA NO NEWTONIANA
Ao misturar maicena con auga xeramos un fluído que non ten unha viscosidade definida, por iso se lle chama “no newtoniano”. É pos iso, que cando lle aplicamos moita presión, o fluído compórtarse como un sólido, mentres que, se lle aplicamos pouca, faino como un líquido. Ben, está explicación é para vós, as nenas e nenos adicáronse a tocar e obsersar como a masa se escurría entre as súas mans!