Arquivos diarios: 27 Xaneiro, 2017

Permanencia dos obxectos

Jean Piaget primer autor que fai referencia a este término da permanencia dos obxectos nos nenos pequenos sostivo que é un dos logros máis importantes do bebé. Este feito significa que o neno toma conciencia de que os obxectos existen aínda que non estean no seu campo de visión e non os podan ver. Na teoría do desenvolvemento cognitivo de Piaget, os bebés desenvolven esta compresión a finais da etapa sensoriomotora (18-24 meses). Piaget pensaba que a percepción e entendemento do mundo por parte do infante depende do seu desenvolvemento motor, que é requerido para que o bebé poda vincular as representacións visuais, táctiles e motoras dos obxectos. Tendo en conta este punto de vista, é a través do tacto e a manipulación dos obxecto que os infantes desenvolven a permanecia do obxecto.

Recentemente, vese demostrando que os bebés saben máis da permanencia dos obxectos do que se pensaba a priori. Algúns investigadores sosteñen que se adquire nos primeiros anos de vida, mentres que outros cren que se trata dunha comprensión innata ou incorporada presente durante o nacemento.

O feito de favorecer e facilitar ao bebé actividades en torno á capacidade de permanencia do obxecto inflúe nunha adquisición máis temperá de dita capacidade, o cal inflúe no nivel global no desenvolvemento cognoscitivo da pequena e pequeno.

Esta actividade da escola que sempre preparamos cos bebés entre os 8 e 12 meses, onde agochamos algunhas pelotas detrás dunha saba, axúdanos a coñecer en que momento da adquisición desta capacidade se atopa o grupo.

collage-2017-01-21
E nunca pode faltar un xogo tradicional por excelencia. Quen non xogou e xoga ao cucu-trás? Sempre, sempre, funciona!

collage-2017-01-21 (1)