Implicar ás nenas e nenos nas tarefas cotiás é brindalos de responsabilidade compartida, motivación e satisfacción por axudar.
Son moitas as razóns que nos empurran a seguir demandando está colaboración das pequenas e pequenos:
.- Aprenden a necesidade de facer as cousas (poño a lavadora para ter babeiros limpos, limpo a mesa para poder seguir xogando,…).
.- Son actividades sensoriais, todos os sentidos interveñen no desenvolvemento da actividade.
.- Favorécese a capacidade de atención e concentración.
.- Aumentan as destrezas no desenvolvemento das accións necesarias.
.- Adquiren confianza en si mesmos e satisfacción polo traballo desenvolvido.
.- O rol dos adultos de referencia é dos dous xéneros polo que é visible para pequenas e pequenos que tanto homes como mulleres poden desenvolver as tarefas domésticas.
No grupo de maiores propoñemos que nos acompañen á lavandaría a poñer a lavadora para lavar os babeiros que quedaron sucios despois de comer. É unha actividade para dous – tres nenos que ofrece grandes oportunidades de aprendizaxe:
-
Identifican que o babeiro está sucio.
-
Levan en peso o barreño cos babeiros cando está cheo e cando está baleiro.
-
Introducen os babeiros dentro da lavadora ( moitos-poucos, cheo-baleiro).
-
O recorrido do comedor á lavandaría activa necesariamente a orientación espazo-temporal.
-
A riqueza da linguaxe espontánea cando solicitan poñer a lavadora, mentres conversan entre eles ou cando chegan as familias e relatan o que fixeron.
-
O traballo de cooperación e colaboración que se establece entre eles, entre dous levan levar o barreño, baleiranno, comproban que a lavadora se pon en marcha,…
A proposta permite a continuidade na casa, facilmente a familia pode facer partícipe ao neno neste tipo de tarefas promovendo a súa colaboración.
A disposición natural de nenas e nenos a participar na vida cotiá da escola, axúdanos a valorar estes momentos como eixos vertebran a súa aprendizaxe. A satisfacción que lles produce saber que poden facelo é a mellor recompensa.