O debate sobre a división da escola por idades é vello; en principio, na nosa vida cotiá non nos separan por idades (no cine, na praia, na piscina, no teatro, no circo, no autobús, na oficina, no hospital,…).
Unha aula de idades diferentes é un ambiente máis natural e realista que o grupo convencional (todos da mesma idade).
Ao longo do curso, a escola promove diferentes situacións onde a interacción entre grandes e pequenos é posible: cando xogan no exterior, en momentos de acollida e recollida, co acompañamento lector do alumnado do IES San Paio, cando o grupo de maiores axuda no comedor de medianos e pequenos,.., pero é no grupo de nenas e nenos da tarde cando esta situación se converte en cotiá. Todos os días, en todo momento, maiores e pequenos interactúan.
Fóra da escola non nos separan por idade estamos xuntos pequenos e maiores, mozos e adultos, vellos e bebés, e todos precisamos da referencia dos demais para aprender.
A interacción das nenas e nenos, cando as idades son diferentes enriquece porque:
-
Se producen maiores oportunidades de avanzar ao su ritmo, segundo a súa personalidade e necesidades.
-
Están máis estimulados a aprender cando teñen referencias de nenas e nenos maiores.
-
A riqueza de experiencias aumenta (os maiores alentan as experiencias dos máis pequenos).
-
O xogo é máis rico e variado.
-
Os maiores convírtense en modelos de aprendizaxe para os máis pequenos.
-
Os maiores adquiren compromisos, complicidade co coidado dos máis pequenos.
Na escola valoramos a riqueza da interacción entre o noso alumnado, cremos que os agrupamentos mixtos son posibles e beneficiosos.
Para que poidades comprobar esta riqueza achegamos un pequeno resumo das actividades desenvolvidas polas nenas e nenos da tarde neste curso escolar:
Fonte: Elena Laiz Sasiain. ¿Tiene sentido dividir la escuela por edades? Ed. Graó.