Algo máis que comer!

O acto de comer é un dos principais momentos da xornada na escola, por non dicir o principal. Ao redor deste momento danse outras actividades co fin de asegurar unha alimentación saudable, e non nos referimos soamente á cantidade de comida inxerida. O conxunto de propostas constitúe, desde o noso punto de vista, unha oportunidade para que pequenas e pequenos sintan a hora de comer como unha situación agradable e cun amplo abano de sensacións.

É o comedor un laboratorio de múltiples aprendizaxes significativas: o que fan por eles mesmos o aprenden, e é unha actividade diaria que ofrece moitas posibilidades. Previamente, durante e posteriormente á comida, latexa a socialización, a linguaxe, a lóxica, o equilibrio, a autorregulación, a atención, a memoria, a motivación e o benestar físico e psicolóxico de pequenas e pequenos que fan do momento algo máis que comer.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *