A mecedora.

Arrolar e abalar ao bebé ten unha función a nivel neurolóxico moi beneficiosa para a nena ou neno. O movemento do abalo regula a función neurolóxica do pequeno. Actúa como un calmante rítmico que lle produce sensación de benestar; este movemento evoca o recordo da súa vida intrauterina.

É moi institivo: as nais ou outras persoas adultas, cando arrolan e abalan, o que repiten son os movementos rítmicos da vida intrauterina do bebé durante os nove meses de embarazo, cando a nai camiñaba ou nos movementos propios da vida diaria, acompasados polos latexos do seu corazón.

Este son atópase fortemente arraigado na memoria do bebé, é un son que lle axuda a chegar á sensación de calma e relaxación porque lle é familiar e tranquilizador. Cando abalamos ao bebé, termina por axustar a súa respiración, e incluso o seu ritmo cardíaco ao movemento de vaivén.

Sendo coñecedoras da importancia de arrolar a pequenas e pequenos, é a mecedora un recurso imprescindible na aula de bebés.

DSCF0086DSCF0050

No inicio de curso foi de gran axuda para que atoparan a calma necesaria e así poder durmir. É xustamente este acto o que precisa de máis tempos e de máis seguridade e confianza por parte das nenas e nenos: o movemento de vaivén, o ritmo acompasado e o contacto pel con pel coa educadora permitiunos pouco a pouco gañar esa confianza necesaria para durmir tranquilos.

IMG_2520Priorizamos as necesidades afectivas das nenas e nenos, alimento indispensable para garantir, sobre todo nos primeiros días de escola, seguras de avanzar cara a autonomía de pequenas e pequenos. Sabemos que cubrir estas demandas no bebé fortalece a súa confianza, o que garante a seguridade necesaria para a súa actividade autónoma. Basta dicir que nos primeiros meses houbo arrolos e colos, e neste momento do curso son quen de ir a durmir sós a súa cama.

DSCF0342

A mecedora, tamén nos acompañou nos primeiros momentos de introdución á alimentación: a comida, ata que o bebé non se mantivo sentado con certa estabilidade, foi no colo da educadora.

IMG_3153

Segue sendo un recurso dispoñible para as familias, sobre todo daquelas que manteñen a lactancia materna coa súa filla ou fillo.

Na actualidade, é unha gran compañeira de xogo, das risas e intercambios comunicativos que se establecen entre o grupo de pequenas e pequenos.

Fonte: Laia Herreo, El Balancín, Infancia 130, 2011.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará