Baixo a aparente fraxilidade dos bebés agóchase a marabillosa evolución da especie humana. O movemento libre baseado na actividade autónoma favorece na nena e neno o descubrimento das súas propias capacidades, a utilización das súas propias adquisicións e a aprendizaxe a partir dos seus propios fracasos e logros. Ao adulto correspóndelle asegurar as condicións para unha motricidade libre, sen acelerar as etapas, para promover un correcto desenvolvemento das mesmas.
O movemento é unha necesidade vital da nena e neno. A xenética permítelles desenvolver o proceso motor por eles mesmos, o beneficio de respectar a súa evolución obsérvase na harmonía e seguridade dos seus movementos.
A propia iniciativa favorece o coñecemento do seu esquema corporal, os seus límites, o coñecementos do espazo e as súas posibilidades, en definitiva o desenvolvemento cognitivo.
Os andadores, os parques, as hamacas, os senta bebés, o exceso de xoguetes no espacio, as tronas,… son elementos que obstaculizan os movementos, o mellor aliado é o chan, un espazo amplo e por suposto, a actitude atenta e confiada do adulto.
Se queredes saber máis podedes consultar o seguinte enlace:
http://familiasenruta.com/fnr-crianza/crianza-viajera/emmi-pikler/
Fonte: Emmi Pikler: los niños necesitan libertad de movimientos. Marta Graugés Rovira.