Arquivos mensuais: Marzo 2016

Garabateando!

O período comprendido entre os dous e seis anos está dominado pola función simbólica, cuxas manifestacións principais son o debuxo, o xogo e a linguaxe verbal. As tres atópanse íntimamente relacionadas e son xustamente a base sobre a que se desenvolverá a experiencia artística.

É por tanto a expresión plástica un dos camiños que empregan as nenas e nenos para comunicarse co seu entorno, e o medio de expresión plástica máis habitual é o debuxo. E nestas idades unha ferramenta estupenda para que expresen as súas emocións e sentimentos.

Nesta etapa á nena e ao neno non lles importan as cores, nin o material que empregan, simplemente gozan debuxando, independientemente de cal sexa o resultado.

Na escola ofrecemos unha ampla gama de materiais e texturas para que experiementen: pintura de dedos, ceras, tizas, rotuladores, esponxas, pinceis, …e que non falten as propias mans!

A actividade é libre, todas as nenas e nenos sen excepción son capaces de expresarse a través da plástica. A intervención do adulto é un obstáculo para o desenvolvemento da creatividade, a súa función principal será garantir as condicións para que as nenas e nenos podan disfrutar plentamente da actividade, ao seu ritmo e interese.

O primeiro rexistro permante de expresión plástica toma forma de garabato a partir dos 18 meses. O garabato non ten intención representativa. Son estruturas liniais que amosan as variacións de tensión muscular que está atravesando o neno e que non requiren de control visual. Esta etapa do garabateo ten o seguinte percorrido:

Garabateo desordenado. Non ten ningunha finalidade representativa. Son trazos largos, sen sentido nin orden, puramente xestuais, como xogo, que xeralmente dan lugar a dous tipos de garabatos: lonxitudinais e circulares. A nena e neno non ten control visual.

Garabateo controlado. Máis tarde a nena e neno adquiren maior coordinación viso-motora e goza practicándoa. O neno non pretende debuxar nada en concreto, é capaz de copiar un círculo, pero non un cadrado, e comeza o seu interese polo uso das cores.

Desde a escola intentamos favorecer este medio de expresión tan importante para pequenas e pequenos co principio fundamental de gozar da actividade en si mesma, porque como xa temos dito en numerosas ocasións: todo aquilo que provoca emocións se aprende!

Deixamos unha secuencia de fotos destes momentos de creatividade na nosa escola:

O chan. O noso maior aliado para un correcto desenvolvemento motor.

Baixo a aparente fraxilidade dos bebés agóchase a marabillosa evolución da especie humana. O movemento libre baseado na actividade autónoma favorece na nena e neno o descubrimento das súas propias capacidades, a utilización das súas propias adquisicións e a aprendizaxe a partir dos seus propios fracasos e logros. Ao adulto correspóndelle asegurar as condicións para unha motricidade libre, sen acelerar as etapas, para promover un correcto desenvolvemento das mesmas.

O movemento é unha necesidade vital da nena e neno. A xenética permítelles desenvolver o proceso motor por eles mesmos, o beneficio de respectar a súa evolución obsérvase na harmonía e seguridade dos seus movementos.

A propia iniciativa favorece o coñecemento do seu esquema corporal, os seus límites, o coñecementos do espazo e as súas posibilidades, en definitiva o desenvolvemento cognitivo.

Os andadores, os parques, as hamacas, os senta bebés, o exceso de xoguetes no espacio, as tronas,… son elementos que obstaculizan os movementos, o mellor aliado é o chan, un espazo amplo e por suposto, a actitude atenta e confiada do adulto.

Se queredes saber máis podedes consultar o seguinte enlace:

http://familiasenruta.com/fnr-crianza/crianza-viajera/emmi-pikler/

Fonte: Emmi Pikler: los niños necesitan libertad de movimientos. Marta Graugés Rovira.

 

Arriscar e confiar.

Unha escola que escoita e da resposta ás demandas das pequenas e pequenos, promove situacións para que proben e comproben, para que se equivoquen, para que arrisquen, para que podan resolver unha determinada situación e confien na persoa adulta, dispoñible para cando elas e eles a precisen.

IMG_2389

Sabela de 11 meses sube e baixa as escaleiras, experimenta, pero cando comproba que non pode subir máis, modifica a súa estratexia, decide baixar, a toma de decisión forma parte do pensamento. A priori, parece unha acción moi arriscada para un  bebé, todo dependerá dos ollos de quen a esté mirando.
Os nosos confían. Probar e comprobar ata onde pode chegar co seu corpo, coñecer os seus límites, é coñecerse a un mesmo.

Fonte: Eva Jansá, Transgredir, una acción de pensamiento. Infancia 127