Este mes de febreiro estamos a desenvolver na escola varias charlas de saúde con diversos especialistas para un maior coñecemento de aspectos da saúde de pequenas e pequenos escolarizados na escola infantil.
FISIOTERAPIA RESPIRATORIA.
Na charla de fisioterapia respiratoria contáronnos que unha sesión de fisioterapia respiratoria con bebés, baséase fundamentalmente no drenaxe e reeducación ventilatoria. O tratamento fisioterápico consiste na hixiene das vías altas, na movilización dos fluxos aéreos inspiratorios e espiratorios para arrastrar e mover o moco e a tose provocada para expulsar a secreción. Esta terapia é complementaria ás prescricións médicas, sempre será preciso valorar co pediatra o estado de saúde da pequena ou pequeno. Na escola, como non pode ser de outro xeito, favorecemos a hixiene da nariz e incentivamos a autonomía na limpeza nasal, coincidimos coa fisioterapeuta que sempre a través do xogo:
E por que non, contando coa axuda dos máis voluntariosos! ————————————————————-
SAÚDE INFANTIL.
Un ano máis tivemos a oportunidade de contar cunha das pediatras do Centro de Saúde de Tui para o desenvolvemento dunha charla sobre saúde infantil. Un dos aspectos máis sinalado pola facultativa é a importancia do lavado de mans para previr o contaxio e a transmisión das enfermidades. Como a adquisición deste hábito nos parece un aspecto relevante no día a día da nosa escola, compartimos un pequeno vídeo de como se desenvolve esta rutina e cuan divertida pode chegar a ser:
Deixamos tamén o enlace á Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria por atoparse nesta web multitude de consellos para as familias de como actuar en caso de tose, febre, catarro, convulsión,…:
http://www.aepap.org/
É unha sorte contar con profesionais implicados que nos axuden a coñecer á infancia e mellorar conxuntamente a educación das nosas fillas e fillos.