Arquivos mensuais: Xaneiro 2016

Repensar o patio da escola como espazo educativo.

É xogando como nenas e nenos aprenden, é por iso, que o patio da escola debe enriquecerse levando a aula ao exterior (a natureza é real, pódese observar, tocar, sentir, experimentar,…), e transformando o xogo e as relacións que se xeran durante o tempo que nenas e nenos pasan no exterior (favorecendo a exploración motriz, a imaxinación, as posibilidades de xogo compartido,…).
Por sorte, contamos na nosa escola cunha zona exterior natural, con árbores, terra, area,…, o que nos permite ofrecer a pequenas e pequenos un xogo más rico, variado e enriquecedor.
Aínda así, e como xa vos contamos nunha entrada anterior, decidimos no seo do equipo transformalo, co fin de aumentar as súas potencialidades.

Como nos din no blogue “Tierra en las manos”, os beneficios dun patio pensado por e para as nenas e nenos son fundamentais:
Cognitivos: achegar a natureza á escola mellora o desenvolvemento cognitivo de pequenas e pequenos. Amplía a súa capacidade de observación, análise e razoamento.
Emocionais: no xogo que se dá no exterior as nenas e nenos aprenden a comunicarse, negociar, compartir, cooperar, coordinarse, etc.

Físicos: a actividade ao aire libre é boa para o seu desenvolvemento intelectual.

IDEAS LEVADAS A CABO ATA O MOMENTO
Son propostas que requiren da colaboración das familias, do Concello, de tempo e esforzo, pero sobre todo de moita ilusión por ofrecer a pequenas e pequenas oportunidades de aprendizaxe axeitadas á súa idade.
Areeiro. A colaboración do Concello, que todos os cursos escolares debe encher este espazo de area, é fundamental. A area é un elemento manipulativo de alto valor pedagóxico; debera estar nas aulas pero por unha cuestión de espazo é no patio cando nenas e nenos poden disfrutar da súa textura e experimentar con ela.

DSCF0459
Auga. Imprescindible! Como senón poderá coller consistencia un flan? Este punto está aínda sen explorar o suficiente. Temos unha billa no patio e no verán botamos auga no areeiro,…, no inverno fórmanse charcos,…, pero aínda non temos unha proposta definida dos xogos con auga no exterior.


Cociña de exterior. Feita con palés, nenas e nenos gozan representando situacións de xogo simbólico; a area e a auga é un forte apoio neste xogo.


Desniveis. Os desniveis son moi pero que moi divertidos e axudan a estimular a motricidade grosa e o equilibrio. No noso patio non os temos naturais pero algún elemento sérvenos para disfrutar da sensación de desequilibrio,…

IMG_20150922_110701428
Esvaradoiro. Indiscutible que gozan deslizándose polos esvaradoiros; afortunadamente contamos con módulos que posibilitan que pequenas e pequenos vivan estas sensacións. Claro está, é necesario seguir traballando para ampliar a oferta e ter propostas máis en consonancia co entorno natural.


Horta. Unha das actividades máis estimulantes para as pequenas e pequenos. Plantar, coidar, regar, e comer fresas!


Casiñas e cabanas. Os refuxios invitan ao xogo imaxinativo e simbólico e tamén ao xogo entre varias nenas e nenos. Na nosa escola tivemos a sorte de contar coa colaboración de varias familias para poder ofrecerlles unha cabana ás crianzas. É un dos lugares preferidos para estar tranquilos no patio.

P1050879
Circuitos de troncos. Son ideais para estimular a motricidade, a coordinación, o equilibrio,…; serven para sentar, para sentir a madeira, delimitan espazos,… Para conseguilos contamos coa colaboración do persoal de xardíns, foi unha sorte que nos cortaran unha árbore seca en troncos de diferentes alturas!


Engadimos outras ideas que tamén estamos a desenvolver e nos parecen propostas moi enriquecedoras:
Neumáticos. Rodar, apilar, trasladar, subir, baixar, entrar, saír,…, múltiples accións en acción que permiten interiorizar unha morea de conceptos cognitivos.

IMG_20151109_152213953
Triciclos, motos e demais equipamento con rodas. Nenas e nenos disfrutan pedaleando e dándolle aos pés: é unha das actividades preferidas do xogo no exterior.

P5170007
Columpios. A sensación de moverse dun lado ao outro é moi pracenteira. Como non temos, tivemos a idea de colgar aros dos troncos das árbores, as nenas e nenos cólganse do aro e poden gozar co seu vaivén.

DSCF6618Material de refugallo. Tubaxes, caixas de froitas, recipientes,… todo axuda a favorecer a creatividade, curiosidade e imaxinación das nenas e nenos.

20150506_160048
Natureza. Simplemente tocar, observar, sentir a herba, a area, as plantas, a emoción que lles causa ver algún insecto, xogar cos paos,…; son moitas, moitísimas as actividades que as nenas e nenos desenvolven en contacto coa natureza.

IMG_0322
En definitiva, un patio ben pensado estimula o xogo, as interaccións sociais, fomenta a curiosidade, beneficia a autoestima e a saúde física. Seguiremos repensando o patio da nosa escola: temos moitas ideas a matinar pola cabeza. Podedes consultar o proxecto completo no seguinte enlace:

O ESPAXO EXTERIOR DA ESCOLA INFANTIL. UN RETO EDUCATIVO.compressed

Fonte: http://www.tierraenlasmanos.com/reformar-patio-escuela-en-espacio-educativo/

Desenvolvemento do xogo no primeiro ano de vida.

DESENVOLVEMENTO DO XOGO NO PRIMEIRO ANO DE VIDA
IDADE COMO ACTÚA A NENA E NENO MATERIAIS
3-6 mesesIMG_0003 Mira con curiosidade obxectos colocados preto del.Alcánzaos ou empúrraos ou intenta coller ditos obxectos.Pasa os obxectos dunha man a outra. Tea suave e de cores. Obxectos que se poidan suxeitar cunha soa man que sexan lixeiros.
6-9 mesesDSCF0566 Descobre que pode facer ruído golpeando os obxectos; contra o chan, un obxecto contra outro,…Colle os obxectos con maior habilidade e déixaos caer.Estírase, roda, arrástrase ou gatea para coller un obxecto. Axóuxeres nos cales a nena e o neno poidan ver de onde provén o son.
9-12 mesesDSCF0401 Deixa caer e coloca obxectos máis pequenos dentro dun obxecto maior e con abertura, sácao e volve a metelo.Coloca, move e empurra obxectos. Boles e tapas. Cesto con obxectos.

Abrir as portas da aula. Espazos de xogo alternativos.

 

A necesidade de movemento que teñen nenas e nenos é por todas e todos coñecida, na escola infantil o grupo de dous anos é numeroso, e resulta moi complexo respectar as necesidades individuais de cada nena e neno ao longo de toda a xornada en aulas non excesivamente grandes, e sen espazos alternativos de xogo , sobre todo no inverno cando a choiva intensa non nos permite saír. 2

É por iso, que decidimos abrir as portas das aulas e preparar diversas propostas de xogo en cada espazo permitindo a libre circulación das nenas e dos nenos, sen medir os tempos e levar conta do  número de pequenas e pequenos que se atopan en cada  experiencia. Xogamos coas propostas que consideramos máis atractivas para a idade e características dos grupos: psicomotricidade, escenarios de xogo simbólico, construcións,…. 13

 

 

 

 

 

Como a proposta nos resulta moi positiva, con aspectos a seguir mellorando, a idea é ir ampliando os espazos (máis aulas e zonas exteriores), máis grupos (sumar o grupo de medianos ao grupo de maiores) e máis propostas de xogo que provoquen interese, emocións e curiosidade en pequenas e pequenos, porque a estas idades o xogo é a súa vida cotiá e así o debemos favorecer e defender na escola infantil.