Arquivos mensuais: Decembro 2015

Abrindo as portas da escola. A participación da comunidade.

Un dos obxectivos do noso proxecto educativo cita “promover a escola como axente cultural sobre a infancia e dinamizar actuacións cos diferentes axentes do contorno próximo”, estamos en decembro e a tradición navideña é un tempo idóneo para favorecer os vínculos da escola coa comunidade.

Comezamos na nosa escola, cun obradoiro coas familias para a elaboración das árbores de Nadal que forman parte da ambientación navideña da entrada do centro. Saímos ao mercado co grupo de nenas e nenos máis maiores, na visita acompañáronos varias familias, fixemos o recorrido a pé, parándonos a saudar a xente na rúa, a ver os comercios, as luces,… atopámonos con xente coñececida, as obras do centro de saúde, o tráfico,… tivemos que agardar no paso de peons para poder cruzar, fixemos parada en todos os postos do mercado: a peixaría, a carnicería, a froitaría, a floristería,… en definitiva, unha experiencia moi enriquecedora e que nos permitiu conectar co entorno próximo.

A nosa labor como axentes educativos ten que favorecer a escola como espazo de socialización e desenvolvemento cultural, a escola como un espazo que xera cultura e un entorno próximo coopera e participa deste proxecto. Ao longo do mes recibimos a visita do grupo de pandereiteiras que ensaia no Centro Cívico, é unha colaboración que se extende ao longo de todo o curso,  xa é o terceiro ano que podemos contar coa súa colaboración. Nenas e nenos, gozan escoitando e bailando coas cantigas tradicionais. Nesta ocasión tivemos a oportunidade de escoitar panxoliñas da cultura popular galega.

Tamén recibimos a visita do alumando do instituto, con moito agarimo prepararon varios contos para o lecer das nosas nenas e nenos. Non faltaron as panxoliñas, a frauta foi o instrumento principal, pero tamén impresionáronos coas voces de catro alumnas a capela. Deixamos un pequeno video para que poidades disfrutar coma nós do talento destas rapazas e rapaces.