Arquivos mensuais: Novembro 2015

Xogar a destruír tamén é un xogo

Xogar a construír xera pracer e diversión, pero tamén estrutura funcións cerebrais superiores como son a linguaxe, a atención, a memoria, a percepción,…

O xogo de construción evoluciona e crece coas nenas e nenos e convértese nun mecanismo de proxección da propia representación e autocoñecemento. Ao igual que o debuxo, a construción pasa por diferentes etapas, desde as agrupacións, creación de camiños e grandes despregues horizontais aparentemente desordenadas, ata construcións elaboradas e simétricas, estreitamente relacionadas cos procesos de lateralización e da adquisición da identidade.

IMG-20151016-WA0045

Construír e destruír permítelle ao neno agrupar e dispersar, o que posteriormente o inducirá a participar en actividades de seriación e clasificación.

Cando xogamos a facer unha torre coas nenas e nenos, a nena e o neno agarda e logo destrúea con grandes mostras de alegría. O adulto soe dicir, rompeuse!, caeu!, e volve a agrupar as pezas para volver a construír a torre. A nena e neno agarda e volve a destruír coa mesma intensidade emocional, esperan do adulto que volvan a construír a torre.

Se o adulto se enfada, porque o seu obxectivo é que aprenda a facer a torre e non lle deixa destruíla, a nena e o neno pode enfadarse e lanzar as pezas contra el, é unha maneira que ten a nena ou neno de marcar a diferencia respecto do adulto. É dicir, a nena e neno destrúe para marcar a diferenza cos seus seres queridos.

As nenas e nenos vense a si mesmos e a súa evolución cando xogan a construcións, porque construír quere dicir querer ir cara arriba, representa o desexo de medrar, por iso as nenas e nenos sempre xogan e sempre xogarán a construír.

IMOS A OTRAS AULAS (2)IMG_20151008_121012065

http://www.jugarijugar.com/es/article/2166-los-ninos-siempre-juegan-y-siempre-jugaran-a-construir-

Bernad Aucouturier, Gèrard Mendel. Porque los niños y las niñas se mueven tanto? Ed.Grao, 2004.

Xogar e xogar

Como educadoras, pasamos moito tempo acompañando a nenas e nenos no seu desenvolvemento e tamén vendo como xogan. Quen non ten unha boneca, un coche, un cociña,…, e un longo número de xoguetes?

Na escola tamén contamos con xoguetes comerciais pero é co material non estruturado cando a nena e neno pode pasar moito tempo concentrado, atento e motivado.

Un material que potencia e acompaña o seu desenvolvemento físico, cognitivo e emocional, a través da observación, manipulación e experimentación.

Para o grupo de bebés, 0-1 anos, a proposta principal é o Cesto dos Tesouros, de Elinor Goldschmied, proposta de xogo que ofrece á nena e neno a posibilidade de descubrir o mundo a partir da súa propia actividade.

cesto tesouros 1

cesto tesouros 2

 

 

 

 

 

Para o grupo de medianos, 1-2 anos, a proposta principal é o Xogo Heurístico, de Elinor Goldschmied (continuación do Cesto dos Tesouros), que ofrece a nenas e nenos a posibilidade de descubrir por vontade propia as características dos obxectos.

xogo heuristico 1xogo heuristico 2

 

 

 

 

 

Para o grupo de maiores, 2-3 anos, a proposta principal é o Xogo Simbólico, tendo en conta a liña de traballo de Javier Abad, que promove prácticas de transformación do espazo que o significan mediante diversas estratexias creativas.

xogo simbolico 1xogo simbolico 2

 

O espazo exterior na escola infantil: un reto educativo.

 

Para vivir ben o xardín, fai falta pensar, organizar, articular e equipar o espazo exterior como sa fai con espazo interior. O espazo exterior é un sitio privilexiado”Penny Ritscher

Compartimos convosco un proxecto da zona exterior que temos previsto desenvolver coa axuda de todos os axentes educativos do contorno. O documento que vos presentamos recolle as ideas, reflexións e acordos do equipo de traballo da Escola Infantil de Tui e ten como obxecto transformar a zona exterior para potenciar todos os seus recursos e mellorar as posibilidades de xogo das nenas e nenos.

En base ao noso crecente interese por fomentar a vida da escola no patio exterior pensamos que son moitos os argumentos que avalan a nosa proposta pedagóxica:

IMG_20150914_120004400

Estudos recentes conclúen que despois da actividade física no exterior as nenas e nenos teñen períodos de maior concentración.

IMG_20150922_110816367

As nenas e nenos que xogan con regularidade ao aire libre desenvolven máis as súas habilidades motoras de coordinación, equilibrio e axilidade.

A maior tempo ao aire libre, máis rico, imaxinativo, creativo e variado é o xogo, o que favorece a adquisición da linguaxe e as habilidades de cooperación.

DSCF6126

IMG_20150907_111552926

O contacto directo coa natureza aumenta a capacidade de observación e concentración, de asombro.

As nenas e nenos que xogan ao aire libre teñen unha mellor percepción de si mesmos, e desenvolven maior grao de autonomía e independencia.

 

Os espazos naturais estimulan a interacción social entre as pequenas e pequenos.

DSCF6175

En definitiva, xogar fóra estimula as capacidades infantís moito máis que os espazos pechados; o contacto cotiá coa natureza favorece que as nenas e nenos medren sans e felices. Todos estes motivos son argumentos de moito peso para poñer todo o noso empeño programático para que a vida no exterior sexa unha realidade, unha experiencia vital.