Arquivos diarios: 7 Novembro, 2014

Charla pediátrica: enfermidades infantís

A colaboración do Servizo de pediatría do Concello de Tui, para a formación de familias e profesionais sobre temas de saúde relacionados coa crianza das nenas e nenos máis pequenos é de gran valor e mellora as nosas competencias no coidado das cativas e dos cativos.

Nesta primeira ocasión, a charla informativa versaba sobre as enfermidades infantís máis comúns. Pareceunos moi interesante porque é moi frecuente que por falta de información non apliquemos as medidas máis axustadas a cada caso. Por exemplo, coa febre, que o máis habitual é dar o antitérmico para que non lle suba, con febrícula, o recomendable é agardar a que a temperatura supere os 38 ºC e a nena ou neno teña malestar.

Deixamos a continuación varios enlaces de interese que nos foron facilitados polo persoal sanitario para a súa difusión, e que tamén podedes atopar nos paneis da entrada da escola:

decalogo-de-la-tos-aepap-1-728 decalogofiebre

 

www.sergas.es/escolasaude

http://xenteconvida.sergas.es

http://sencarie.xunta.es

www.vacunasaep.org

www.familiaysalud.es

http://enfamilia.aeped.es

www.famiped.es

DSCN6041Só nos queda agradecer ao Servizo de pediatría o seu interese e colaboración para desenvolver estas charlas informativas sobre saúde infantil no noso centro.