A mesa de experimentación

Trátase dunha mesa cun balde incrustado, que permite ás nenas e nenos, situados de pé ao seu redor, manipular area ou outro material continuo ( arroz, pasta, fariña,…) e realizar un xogo, que é, á vez, sensorial e simbólico, ao introducir non so elementos para a manipulación ( coadores, culleres, tubos,…) senón tamén pequenas ramas, coches, animais,…

Admite moitas variedades tanto do material base como dos obxectos complementarios. Pode situarse na clase, no corredoiro, no xardín,…

Paola Tonelli (autora), que lle chamou a mesa azul, explica que é importante que soamente xoguen á vez dous ou tres nenas e nenos, xa que maior número interrompen e molestan entre eles.

A “ mesa azul” xera experiencia manipulativa cos diversos materiais ( area, auga, fariña, auga, herba, graos, follas, cunchas,…), promove o desenvolvemento expresivo e emociona e reforza a habilidade lóxico-matemática, xa que nos permite:

 Manipular materiais, desenvolvemento sensorial e habilidade manual.

 Favorecer o desenvolvemento emocional.

 Favorecer o desenvolvemento da expresión e da linguaxe.

 Desenvolver a actividade lóxico-matemática.

 Fomentar a observación.

 Activar a imaxinación e a creatividade.

 Favorecer a emerxencia da interioridade e a construción da identidade.

 DSCN5513

A nosa non é azul, é verde con patas amarelas e igualmente nenas e nenos investigan, manipulan e gozan dos elementos que atopan no seu interior.

Paloma Sainz de Vicuña, Educar en el aula de 2 años, Ed. Graó.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará