A colaboración do Servizo de pediatría do Concello de Tui, para a formación de familias e profesionais sobre temas de saúde relacionados coa crianza das nenas e nenos máis pequenos é de gran valor e mellora as nosas competencias no coidado das cativas e dos cativos.
Nesta primeira ocasión, a charla informativa versaba sobre as enfermidades infantís máis comúns. Pareceunos moi interesante porque é moi frecuente que por falta de información non apliquemos as medidas máis axustadas a cada caso. Por exemplo, coa febre, que o máis habitual é dar o antitérmico para que non lle suba, con febrícula, o recomendable é agardar a que a temperatura supere os 38 ºC e a nena ou neno teña malestar.
Deixamos a continuación varios enlaces de interese que nos foron facilitados polo persoal sanitario para a súa difusión, e que tamén podedes atopar nos paneis da entrada da escola:
Só nos queda agradecer ao Servizo de pediatría o seu interese e colaboración para desenvolver estas charlas informativas sobre saúde infantil no noso centro.