Arquivos mensuais: Setembro 2014

Educar no asombro

O asombro é non dar o mundo por suposto, e esa é unha capacidade innata da infancia. A nena e o neno asombrado escoita, mira, está á expectativa da realidade, é creativo e sensible e desenvolve unha atracción natural cara a beleza. Porque o asombro está provocado pola beleza, e por iso só un neno rodeado de beleza atopa motivos para asombrarse. Que é belo para unha nena ou neno?

Dicían os filósofos que a beleza é a manifestación da verdade e da bondade. Entón é belo para a infancia todo o que respecta a súa verdade, a súa bondade, a súa natureza, a súa inocencia, os seus ritmos, a súa sede de curiosidade,…

vemos medrar...! (5)

A emoción, a orixe da súa propia palabra, indica movemento, interacción co mundo. A emoción é o medio de comunicación máis poderoso que existe, acenden e manteñen a curiosidade e atención e con iso o interese polo descubrimento de todo o que é novo; polo tanto a emoción é un ingrediente básico no proceso cognitivo, do razoamento.

Hoxe, grazas á neurociencia, podemos saber que o binomio emoción-cognición (procesos mentais) é un binomio indisoluble. Por iso os docentes debemos ser conscientes da importancia das emocións, pois nada se pode chegar a coñecer máis que aquelo que se ama, que aquelo que nos di algo.

Procuremos pois o asombro, sorpresa e ilusión nas nenas e nos nenos, xa que todo o que conduce á adquisición do coñecemento, a curiosidade, a atención, a memoria e a toma de decisións, require desta enerxía chamada emoción.

Fontes: Francico Mora, Neuroeducación, Alianza Editoral, 2013.

Catherine L’ Ecuyer, Educar en el asombro, Plataforma actual, 2014.