Próximo o remate do curso escolar acordamos convidar ás familias a unha xuntanza para compartir con elas o noso día a día coas súas fillas e fillos.
Mostramosvos algunhas secuencias significativas da vida cotiá na escola: o momento de alimentación, o momento de descanso, psicomotricidade e xogo e a nosa análise destas situacións co obxectivo de avaliar a nosa práctica educativa e poder facer propostas de mellora.
O COMEDOR
ANÁLISE SECUENCIA DE VIDEOS: COMEDOR |
||
DESCRICIÓN |
IDEA CHAVE |
|
SECUENCIA 1 |
Neno axuda a colocar os utensilios para comer coas indicacións dun adulto. |
Na súa mensaxe o adulto equivoca ao neno. É importante coidar a linguaxe cando nos diriximos a nenas e nenos. |
SECUENCIA 2 |
As nenas e nenos collen os utensilios para comer. |
A distribución da menaxe está pensada para facilitar que as nenas e nenos poidan coller todo o material. Cada nena e neno ten que coller o que precisa pero non é imprescindible que o faga na mesma orde, o importante é que todas e todos saiban que é o que precisan. |
SECUENCIA 3 |
As nenas e nenos colocan os utensilios na mesa. |
O sentimento de grupo, a empatía, a socialización, a linguaxe,… |
SECUENCIA 4 |
As nenas e nenos repártense a xerra de auga e botan de beber. |
A destreza óculo-manual, a precisión, o peso, a cantidade, a socialización, a colaboración, a axuda,… |
SECUENCIA 5 |
Nena e neno comendo. |
A autonomía. |
SECUENCIA 6 |
Nena que vai coller o segundo prato. Nenas e nenos comendo |
A autonomía, o equilibrio, a orientación, a secuenciación, destrezas,… |
SECUENCIA 7 |
Nena e neno servíndose a comida |
A autorregulación, as cantidades, as preferencias, a toma de decisións, a colaboración, a linguaxe, a socialización,… |
SECUENCIA 8 |
Nena e neno recollen os utensilios da comida. |
A clasificación, a seriación, a resolución de problemas,.. |
A SESTA
ANÁLISE SECUENCIA DE VIDEOS: A SESTA |
||
DESCRICIÓN |
IDEAS CHAVE |
|
SECUENCIA 1 |
Nena de 18 meses intenta poñer un calcetín. |
A importancia de dar os tempos necesarios para que fagan as cousas por si mesmos. A capacidade de concentración en resolver situacións que lle son propias. |
SECUENCIA 2 |
Nena de 24 meses pon unha camiseta. |
O rol do adulto atento ás necesidades da nena, colabora pero non o fai por iniciativa propia, dálle a axuda necesaria para que a nena o consiga facer por si mesma. Satisfacción dos logros acadados. |
SECUENCIA 3 |
Neno de 30 meses pón pantalón. |
A necesidade de facilitarlle a autonomía ás nenas e aos nenos. |
SECUENCIA 4 |
Neno de 36 meses intenta poñer os tenis. |
A lateralidade: o neno xa sabe que ten un dereito e un esquerdo. A capacidade de pedir axuda, de resolver problemas, a linguaxe, a relación co adulto,… |
PSICOMOTRICIDADE
ANÁLISE SECUENCIA DE VIDEOS: PSICOMOTRICIDADE |
||
DESCRICIÓN |
IDEAS CHAVE |
|
SECUENCIA 1 |
Neno de 1 ano que sobe pola escaleira. Grupo de nenos movéndose libremente pola aula. |
Confianza para asumir riscos. Liberdade de movementos. |
SECUENCIA 2 |
Nenas de 24-26 meses que xogan cos módulos de psicomotricidade. |
A capacidade de simbolización. |
SECUENCIA 3 |
Grupo de nenas e nenos de 36-40 meses en sesión de psicomotricidade. |
Liberdade de movemento. Control postural. Equilibrios. Goce. |
O XOGO
ANÁLISE SECUENCIA DE VIDEOS: O XOGO |
||
DESCRICIÓN |
IDEAS CHAVE |
|
SECUENCIA 1 |
Nena xogando con botes. Constrúe unha torre. Xogo heurístico. |
Concentración. Colocar en forma de torre. |
SECUENCIA 2 |
Nena e neno xogando con botes. Xogo heurístico. |
Resolución de conflitos. Linguaxe. Encher e baleirar. |
SECUENCIA 3 |
Nenas facendo son coas cunchas. Xogo heurístico. |
Creatividade. Linguaxe. Asociación de ideas. Empatía. |
SECUENCIA 4 |
Nena poñendo cueiro á boneca. Xogo simbólico. |
Simbolización. Imitación. Concentración. Representación. |
SECUENCIA 5 |
Nena poñéndo luvas. |
Simbolización. Imitación. Concentración. Representación. |
Ao final da xuntanza proxectamos un vídeo con fotos coa intención de ensinar o desenvolvemento das nenas e dos nenos ao longo do curso que podedes atopar no seguinte enlace:
PRESENTACION O DÍA A DÍA NA ESCOLA INFANTIL
Aproveitamos a ocasión para dar as grazas a todas as familias por confiar, participar e colaborar activamente na atención educativa das súas fillas e fillos.