Arquivos diarios: 29 Abril, 2014

O xogo heurístico

 

Iniciado o curso, comezamos a recompilar material para o XOGO HEURÍSTICO. Despois de ter moi avanzadas as provisións de materiais  queremos contarvos en que consiste a dinámica desta actividade.

Resumimos a teoría nun pequeno díptico  e acompañamos esta entrada con varias secuencias de fotos que poñen imaxe ás posibilidades de aprendizaxes que se dan no trancurso do xogo.