Xuntanzas coas familias

A idea de manter reunións informativas coas familias de cada nivel vén motivada pola necesidade de que estas coñezan o proxecto educativo da escola: que supón organizar unha experiencia dunha maneira ou doutra, cales son as nosas prioridades, cales son os nosos obxectivos,…

En cada xuntanza (foron tres, unha por cada grupo de idade) apoiámonos nunhas presentacións que inclúen imaxes do día a día coas nenas e os nenos. Na súa visualización  poderedes comprobar que as ideas principais son semellantes para os tres niveis, xa que o traballo do equipo consiste en coordinar e manter o consenso nas propostas pedagóxicas da escola.

Ao premer nas seguintes ligazóns poderes ver estas presentacións.

PRESENTACION GRUPO 0-1

PRESENTACION GRUPO 1-2

PRESENTACION GRUPO 2-3

Serviunos a preparación previa das reunións para reflexionar sobre o traballo desenvolto neste primeiro cuadrimestre, organizar as nosas ideas, recoller o que facemos ou pretendemos facer e si se corresponde ou non co que queremos proxectar.

En liñas xerais, e tendo en conta que estamos dando os nosos primeiros pasos, a avaliación é positiva pero somos conscientes da importancia e necesidade de ir pulindo moitos aspectos do día a día, tanto organizativos como pedagóxicos, para dar a mellor atención educativa ás nenas e aos nenos da nosa escola.

1 reflexión sobre “Xuntanzas coas familias

  1. Sabela

    PARA AS FAMILIAS DA GALIÑA AZUL DE TUI.

    Ante todo, GRAZAS, a todos eses pais/nais, polo bó trato recibido estos meses de prácticas na escola, e quero compartir con vós o último diario de prácticas.

    Non teño moito espazo, neste cacho, para reflexar,todo o vivido e aprendido, estos 6 meses!!! Non sei o que me deparará o futuro, pero teño claro que me gustaría traballar nisto e con ese ambiente de traballo tan “especial” Non deixa de ser curioso, que sendo unha escola de nova apertura e con educadoras de tantos sitios diferentes, conxenien tan ben! Que teran peros, e roces como se teñen en todos os traballos, pero o ambiente que se “respira” e tan bó, que repercute na educación deses nenos e nenas privilexiados de “absorver” ese clima tan distendido e relaxado. Como nai que son, depositaría totalmente a responsabilidade de deixar os meus fillos nesta escola, as crianzas reciben o que todo nen@ debería recibir, cariño, confianza, respeto e unha base educativa que terá uns bós resultados o día de mañá. Poder vivir esta experiencia, e un gran premio que teño despois de haber batallado 3 anos para ter o título de Educadora Infantil. Eu de maior!! QUERO SER COMA VOS!!! GRAZASSSSSSSSSSS

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará