Como festa tradicional que é o Magosto no noso entorno non quixemos perder a oportunidade que nos brindan estes tipos de encontros para reforzar os vínculos entre toda a comunidade educativa ( nenas e nenos, familias, persoal educativo e outros axentes do contorno),e a xulgar polas imaxes que vos mostramos a continuación pasamos un rato distendido e alegre, gozando da música e das relacións.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/UO1dNqThM3w" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
A resposta, por parte das familias, foi unha vez máis moi comprometida co centro, aspecto do cal o equipo se sinte moi satisfeito e agradecido.
É destacable tamén a axuda recibida por outros axentes próximos á escola, da xuntanza anterior foi imprescindible a axuda do Centro Cívico, nesta ocasión a colaboración do instituto, cedendo o equipo de música e o soporte técnico, foi chave para o éxito da festa.
Xa estamos pensando no vindeiro encontro, á volta estamos no Nadal!!!
Unha nova oportunidade de seguir tecendo fíos entre a nosa comunidade educadora.