Arquivo da categoría: COUSAS DA NOSA CULTURA

* Carvalho Calero

 

E moi complicado definir unha figura tan importante como Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado hoxe, día das Letras Galegas, nesta humilde entrada de blogue.

Seguro que xa tivestes información sobre el a través dos diferentes medios, mais desexamos seleccionar algunha información  que é de interese para a nosa escola.

Interésanos dar a coñecer de Carballo Calero o proxecto pedagóxico avanzadísimo que levou a cabo durante 15 anos como director do colexio Fingoi en Lugo, dende o 1950 até o 1965, no que poñía en práctica o coñecemento para a vida,  a idea de que as persoas se educaran como persoas libres de xeito integral. Pensemos que nesas alturas, en plena dictadura, as escolas, tanto relixiosas como púbicas, eran memorísticas e sen conexión coa realidade próxima. Polo que, inspirándose na Institución Libre de Enseñanza, e tendo en conta que estaba recoñecido como un centro de ensino experimental non homologado, e que o alumnado tiña que examinarse por libre, puxo en marcha ese proxecto pedagóxico.  Ese proxecto estaba centrado nos ciclos da natureza, era científico, de coeducación, de ensino globalizado e personalizado, con profesorado implicado e comprometido con reflexión sobre a práctica para dar resposta ás diferenzas individuais e ás  necesidades e retos educativos, onde a cultura como o teatro e a literatura en galego era introducida.   E fixádevos de que época estamos a falar!.  Moitas veces andamos á procura de referentes pedagóxicos, e témolos ben preto de nós!. É importante comentar que todo este proxecto levouno a cabo sen poder figurar como director, xa que a súa situación de pertenza ao bando dos perdedores da guerra,  impedíalle exercer cargos. 

Outro aspecto que desexamos dar a coñecer é que durante toda a súa vida dignificou a lingua galega.  Pensade que con só 17 anos, sendo un brillante estudante universitario de Dereito, empezou a formar parte do Seminario de Estudios Galegos (institución creada para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego,  e para formar investigadores, unha universidade galega), onde admirou e se relacionou cas mellores e maiores persoalidades galeguistas,  chegando a elaborar o anteproxecto do primeiro Estatuto de Autonomía.  Liderou o partido galeguista na súa terra natal. Coa guerra civil,  todo se truncou!. Mais a súa erudición,  cultura e o seu minucioso e inxente traballo de estudo, investigación e produción, converteuno no mellor coñecedor do idioma de noso en todas as súas dimensións. Será  solicitado  no ano 1965, para dar as primeiras aulas  de lingua e literatura galega na Universidade. Toda unha vida velando pola  lingua e literatura  galega, un referente.  Desexamos que a lingua galega estea presente en todos os ámbitos da nosa vida, na nosa escola, no noso entorno. O galego para todo. O noso deber e compromiso como escola  é usala, normalizala e protexela. Dende aquí invitamos ás familias  que a  usen, que a falen, que lle ofrezan aos seus fillos e fillas o dereito da lingua propia. 

 

A  persoa mais capacitada para planificar a lingua galega e mantela con boa saúde, era Carvalho Calero. Consideraba que para que o galego fora unha lingua normalizada, de uso normal en todos os ámbitos, no culto, no común, no científico e técnico,… unha lingua normal que deberían usar as persoas galegas, habería que reducir a distancia entre o galego e o portugués. Achegármonos os países lusófonos. Baseándose na historia da lingua galega, retomando o proceso natural que ela debería seguir.  A lingua galego-portuguesa, naceu no norte e avanzau cara o sur, impoñéndose á mozarabes da Lusitania, e logo foi polo mundo grazas a expansión marítima.   Mais ocorreu un feito histórico: a nosa zona quedou dividida por unha fronteira política cando se creou o reinado de Potugal. A parte norte ficou  isolada e colonizada polo reino castelán, influenciando a  fala e ortografía.

E,  aínda que non foi o primeiro en defender esta postura, xa que dende o século XIX,  había autores que o facían, D. Ricardo Carvalho Calero é  principal pensador e fundador do reintegracionismo moderno,  defendendo que  isto aseguraría unha xanela de oportunidades e, facilitaría a supervivencia do galego. 

Mundo lusófono

Tal e como está a situación da nosa lingua é preciso que a usemos, que a fagamos competitiva e normalizada, que a desconfinemos e solicitemos o seu uso en calquera ámbito da vida. Mais sería moi interesante, aproveitando o ano de Carbalho Calero ir achegándonos pouco a pouco ao galego internacional. Intentarémolo na nosa escola!

De Carballo a CarvalhoPremede nos seguintes enlaces:

 

CONTO BOLECHAS

AGAL DESCUBRINDO O GALEGO INTERNACIONAL

CARVALHO CALERO, VIDA E OBRA

 

Obrigada!!

* Na escola falamos galego!!!

IMG_0728

Conversa no exterior da escola. En galego!!

  • Sabiades que … a lingua galega acadou o seu maior esplendor no medievo? Que tiña rango de lingua internacional por estar presente en autores galegos, portugueses, casteláns, occitanos, sicilianos,… e en cortes reais e señoriais (Santiago, Toledo, Coímbra, Lisboa,…)?
  • Sabiades que … algo importantísimo ocorreu, e durante cinco séculos a nosa lingua deixouse de usar no mundo oficial, escolar, litúrxico ou documental?
  • Sabiades que … a pesar diso, tanto a lingua como a cultura galega sobreviviron e chegaron ao novo milenio sendo a lingua maioritaria, e que foi o seu uso no eido familiar e coloquial, e a transmisión interxeneracional, o que o fixo posíbel?
  • Sabiades que … algunhas das persoas mais brillantes da nosa terra adquiriron o compromiso de lle devolver á lingua propia a dignidade que tivo en tempos pasados, que comenzou con Sarmiento no século XVIII, logo por personalidades como Rosalía de Castro, Curros, Lamas, Pondal e Murguía no XIX, e xa no XX polas Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos, a Xeración Nós, e o compromiso doutras moitas forzas culturais, sociais e políticas?
  • Sabiades que … Antón Fraguas foi o último compoñente da Xeración Nós, e un persoeiro adicado dende a xuventude á conservación da memoria de Galicia como pobo, e que este ano 2019 é o homenaxeado no día das Letras Galegas?
  • Sabiades que … o número de galegofalantes segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) deixan des ser por primeira vez a maioría da poboación?, e que … “se somos galegos e galegas é por obra e gracia do idioma” (Castelao)?
  • Sabiades que … unha das causas mais importantes foi a diminución do seu uso no ámbito familiar e coloquial, onde estaba protexido, xa que o papel socializador das nenas e nenos xa non é só a familia, se non que se comparte con outras institucións sociais e outros ámbitos (escola, medios de comunicación, grupos de iguais…), e que si calquera destes ámbitos non usan, non transmiten e non incentivan a lingua galega, pode producir unha desgaleguización e unha perda de identidade?
  • Sabiades que … na Rede de Escolas do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, no regulamento de réxime interno, no artigo 33 trata o uso da lingua, e di que o persoal usará a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno, coidará que o alumnado adquira o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, e, ademais se fomentará unha primeira aproximación á lingua estranxeira?.
  • Sabiades que … na nosa escola as nenas e os nenos teñen a sorte de escoitar falar galego dende que nacen e que cando comenzan a falar, usan a lingua galega, grazas ás familias e ao entorno?
  • Sabiades que… na escola de Sobrado temos preocupación e non entendemos cando observamos que as familias se dirixen aos seus fillos e fillas en castelán sendo galegofalantes, rompendo a transmisión interxeneracional protectora da lingua e que fixo que chegara até os nosos días?
  • Sabiades que … o equipo educativo da escola de Sobrado:
    • adquiriu o compromiso de formar parte do ámbito protector da lingua galega coñecendo a súa situación de desvantaxe fronte a outra lingua cooficial, facéndoa útil e normal, e tendo especial sensibilización en protexela e non eliminala dos espazos que recuperou, como a escola??
    • é coñecedor da existencia doutros axentes socializadores que o fan en castelán, polo que usar o galego de xeito normal nas familias e na escola, cando menos, fai que as crianzas sexan verdadeiramente bilingües (capacidade de poderse expresar nas dúas linguas indistintamente)? (Si solo se lles fala castelán, non!!)
    • xa sabía que falar dúas linguas axuda ao noso cerebro a se desenvolver mellor, protexe as neuronas, fomenta a autoestima pola capacidade de expresión e moitas vantaxes mais ??
    • é consciente da importancia social de aprender  outras linguas estranxeiras que son mais doadas de adquirir cando somos bilingües?
    • Sentimos orgullo de vivir nun territorio onde se falan as dúas linguas romances mais extensas (o español-castelán é falado por case 600 millóns persoas no mundo e o galego-portugués por case 300 millóns) que nos conectan con moitas culturas do mundo hispano e lusófono, e que somos a envexa de media Europa por sermos bilingües?.
    • Pero…. Sabemos que para ser bilingües de verdade e obter todos eses beneficios, temos que reforzar o galego xa que é, na actualidade, a lingua mais debilitada das dúas.

Falemos galego!! falémoslles galego!!

PARA SABER MAIS: