Benvidas e benvidos á escola infantil de Sobrado

Apostamos por un marco educativo que axude aos nenos e ás nenas na construción da súa identidade. Utilizamos o blogue como un recurso que axude a difundir o proxecto educativo e poder compartir as intencións da escola  respecto aos principios educativos, os obxectivos e  organización da mesma,  buscando e achegándonos de xeito constante a unha mellor sociedade.

Marcamos o proxecto na realidade de Sobrado e de Galicia en xeral, poñendo unha serie de valores, ideas e actuacións participativas de todos os membros da comunidade educativa como rede sociorelacional e cunha orientación pedagóxica centrada no século XXI, vendo e observando ao neno e a nena como suxeito de dereitos, interactivo cos coetáneos, co ambiente e coa cultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *