Arquivos mensuais: Xullo 2021

*Cambiar a nosa mirada: fundamental

Conversa tranquila e agradábel

confianza

É preciso ter unha sensibilidade especial para ver as posibilidades da infancia. A infancia é dinámica inmensa máxica transgresora inabarcábel…

Si de verdade cremos que un mundo mellor é posible, hai que empezar dende o 0-3. O respecto, a calma, a escoita, a mirada, a complicidade, o sorriso, as palabras, as posibilidades, as conquistas, os retos, as dificultades…cando nos nomean, cando contan con nós, as primeiras conversas, os agarimos que nos dan, esas apertas aos xeonllos tan reconfortantes, …

Agradecemento por poder desfrutar deles e delas, de manter a ilusión do primeiro día. Grazas por facer que debullemos o pensamento preparando as respostas necesarias e grazas por perdoarnos tan rápido… Sorte de estar aquí, con estas pequenas e pequenos.

o que pode facer

Conta con nós

Pensando na canción

Moito nos ofrece esta pequeniña escola!

Até setembro. Bicos grandes