*Lume e auga de flores

Flores de San Xoan

Chegada esta noite de Meigas é convinte ir pensando en queimar todo o malo deste curso. A pandemia que nos tocou vivir principalmente mais , de seguro, tamén outras cuestións que relacionadas ou non, haberá que ir pensando en queimar hoxe. Habería, para iso que facer memoria dende os inicios do curso e reflexionar: Que foi mal? Que imos queimar?. Realmente non podemos queimar o que pasou, mais o que si podemos facer é pensar sobre o que non queremos que volva pasar e que estea nas nosas mans. Xa nos dicía o Decreto, que as persoas profesionais que desempeñan o seu labor na educación infantil, deberán avaliar ademais dos procesos de aprendizaxe das nenas e nenos, a súa práctica educativa necesaria para lle dar solucións ás necesidades das crianzas de tipo físico, afectivo, de convivencia, de exploración, de autonomía, de actividade, movemento, expresión, ademais de facer a organización dos tempos, materiais, espazos, o traballo do equipo , a interrelación coas familias e a comunidade… Como nos foi???

Unha vez reflexionado e sabido o que non queremos máis, decidimos purificarnos, grazas as plantas e flores que nos trouxeron as familias da escola de Sobrado, e seguindo a tradición milenaria do solsticio de verán, meterémolas esta noite en auga, deixarémolas baixo o orballo e a lúa, para que obteñan ás propiedades máxicas necesarias e nos axuden coas estratexias e melloras establecidas.

traballo en equipo

Grazas, coma sempre, por colaborar familias

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *