Arquivos mensuais: Abril 2021

*Imaxínate que es un neno ou nena nunha escola infantil

desfrutan da calma, case non fan falta elementos

Se eu fose unha nena ou un neno dunha escola infantil encantaríame vir moi contenta á escola. Gustaríame que os meus amigos, amigas e as profes da escola se alegraran ao verme chegar. Agradecería sentirme acompañada, no inicio do xogo, se me fixera falta. Que as miñas educadoras entenderan o que preciso, o que me interesa,… que tivera liberdade de elixir, que non me limitaran, que visen o que podo facer e que desfrutaran, que compartiran as miñas conquistas, que me acompañaran sen limitarme, sen impoñerme, con calma, con suavidade, sen presas nin presións. Con tempo suficiente para que me entendan, para poder responder, que me mirasen, e que me escoitaran, que me escoitaran cos ollos, que risen cos ollos,… gustaríame que me deixasen ser, me deixasen facer…

gozar da escola e de todas as posibilidades

Moitas grazas