Arquivos mensuais: Xuño 2019

*Preparándonos para os inicios da escolarización

A escolarización das crianzas empeza moito antes de que se matriculen. Comeza mesmo cando as familias toman a decisión, cando buscan información sobre a escola ou mesmo cando se achegan para preguntar, para coñecer, para saber.

Son neses primeiros encontros, dende a primeira visita ata a matriculación, onde se empeza a establecer a relación entre as partes. Xorden conversas, acláranse dúbidas, coñécense os espazos, as persoas implicadas. As veces ocorren chamadas, visitas á escola, visitas ao blogue… está a comezar o proceso de familiarización!!.

Márcase unha data para levar a cabo a entrevista inicial, o máis próxima posible á incorporación da nena ou o neno á escola. Fainos falta saber e coñecer todo da crianza. Canta mais información obteña a escola, mellor será a resposta a ofrecer, con respecto ás necesidades e intereses das nenas e nenos e do resto do grupo. Tamén debemos coñecer a posibilidade e a dispoñibilidade da familia para acompañar nese tempo. Trátase de planificar o proceso de familiarización de xeito individualizado, xa que hai tantos tipos de planificacións do período de familiarización como nenas e nenos hai. Cada nena e cada neno precisan unha resposta específica e nós, como profesionais da infancia, debemos estar atentas, debemos observar e escoitar, para ofrecer a mellor resposta posible.

20160908_113809

Desfruta vendo xogar ao seu fillo na escola e anímao a participar

Ademais a escola prepara dous momentos importantes antes de iniciar o curso escolar en setembro: a xuntanza de familias e a xornada de portas abertas. A primeira ten como obxectivo compartir, entre todos e todas, diferentes aspectos sobre o funcionamento e a convivencia na escola. Esta convértese nun lugar de encontro onde compartir inquedanzas, suxestións, … que servirá de axuda as novas familias que se incorporan. Na xornada de portas abertas, a escola está aberta á comunidade: familias tanto das nenas e nenos matriculados como calquera outra interesada en coñecer a escola. Os espazos están preparados para que as familias os percorran e desfruten xogando coas súas fillas e fillos no lugar e ao xogo que prefiran.

obter infomación dos intereses das crianzas axúda a levar mellor os primeiros días

Obter información dos intereses das crianzas axuda a levar mellor os primeiros días

adaptamos os xogos para que dende o primeiro  contacto coa escola sexan os protagonistas

Adaptamos os xogos para que dende o primeiro contacto coa escola sexan  protagonistas

A partires dese día comenza xa o curso. Primeiro inician as crianzas que renovan na escola, e logo vanse incorporando os nenos e nenas de novas. Tanto unhas crianzas como as outras, precisan dun tempo para irse familiarizando. Ese tempo vaise axustando coas familias en función sempre das necesidades dos seus fillos e fillas e tendo en conta ao grupo de crianzas da escola.

Gustaríanos compartir con vós este artigo: http://www.alaya.es/2016/09/01/el-periodo-de-adaptacion-un-camino-hacia-la-libertad/